Solución de problemas |
Mediante esta metodoloxía trátase de que os estudantes busquen solución a unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha solución. Esta situación plantexarase en forma de problemas ou cuestións prácticas que deben ser respondidas. É un complemento ao coñecemento teórico adquirido. Trátase de que os estudantes apliquen ditos coñecementos en contornas prácticas, nas que a intervención e aportación persoal do alumnado é o eixo central. |
Prácticas a través de TIC |
O alumnado tratará de aplicar o uso das TIC para aprender de forma efectiva, a través de actividades de carácter práctico, baseadas en documentación escrita, audiovisual e de calquera índole, relacionada coa materia, mediante a utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións. Trátase de ampliar coñecementos e obter información para facilitar a aprendizaxe autónoma e o razoamento crítico. A plataforma Moodle será un vehículo importante para a aplicación desta metodoloxía. |
Proba obxectiva |
Trátase dunha proba para a avaliación da aprendizaxe, pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén pode construirse con un só tipo dalgunha destas preguntas. Poderá incluir tanto preguntas de carácter teórico como práctico ou problemas.
Poderase realizar online a través de la plataforma Moodle ou de forma presencial. |
Aprendizaxe servizo |
Proposta educativa que combina procesos de aprendizaxe e de servizo á comunidade nun só proxecto ben articulado onde os participantes aprenden ao traballar en necesidades reais da contorna coa finalidade de melloralo. Baixo o paraguas da sustentabilidade de da Axenda 2030, o alumnado participará con diferentes entidades da cidade co fin de coñecer diferentes problemas socioeconómicos e unir o compromiso social coa aprendizaxe de coñecementos, habilidades, actitudes e valores. |
Aprendizaxe colaborativa |
Metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe que permite a división da clase en grupos pequenos fomentando o traballo en conxunto para a resolución de tarefas académicas de forma non competitiva. A persoa docente guiará o proceso de resolución de tarefas ben de forma presencial ben apoiándose nas TIC. |