Guía DocenteCurso Facultade de Dereito |
Grao en Dereito |
Asignaturas |
Teoría do Dereito |
Contidos |
|
|
Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Teoría do Dereito | Código | 612G01006 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
1º e 2º Ciclo | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Temas | Subtemas |
Primeira parte. Elementos de análise xurídica: a estructura da orde xurídica |
__________________________________________________ |
Tema 1. Aproximación fenomenolóxica ao mundo do Dereito. |
1. Un mundo de normas. 2. Un mundo de normas que gardan entre si unha certa orde. 3. Un mundo de suxeitos en relación: seres humanos, e outros. 4. Un mundo de cousas. 5. Un mundo de feitos. 6. Un mundo de accións e controversias. |
Tema 2. Introdución á teoría da norma xurídica |
1. A natureza da norma xurídica. 1.1. Unha cuestión preliminar: norma, pensamento e linguaxe. Usos e funcións da linguaxe e das normas. 1.2. A norma como enunciado lingüístico prescriptivo. 1.3. A teoría imperativista clásica e os seus defectos. 1.4. Alternativas ao imperativismo. 1.4.1. A teoría das normas de von Wright. Clases de normas. 1.4.2. A teoría das normas de Hart: a) as normas como razóns para a acción; b) normas primarias e normas secundarias: a teoría da norma conduce á teoría do sistema xurídico; c) algúns problemas. 1.5. Conclusións sobre a natureza da norma xurídica. 2. A estrutura da norma xurídica. 2.1. A solución tradicional: suposto de feito e consecuencia xurídica. 2.2. Algúns corolarios: a) a necesidade de distinguir entre normas completas e incompletas; b) Os tipos de normas xurídicas incompletas. 2.3. As críticas ao modelo tradicional. 2.3.1. A excesiva simplicidade. A análise de von Wright. 2.3.2. A estrutura dos principios xurídicos. 3. Fenomenoloxía das normas xurídicas: normas, disposicións e corpos xurídicos. 4. A validez ou existencia das normas xurídicas: a fronteira entre a teoría da norma e a teoría da orde ou do sistema xurídico. 5. A dimensión temporal da validez das normas: a vixencia. 6. Outras nocións: eficacia, aplicabilidade. |
Tema 3. Nocións de teoría do ordenamento e sistema xurídico |
1. Caracterización xeral: ordenamento, Estado e sistema. 2. A vocación sistemática do ordenamento xurídico. Os caracteres tradicionalmente atribuídos aos ordenamentos xurídicos: unidade, coherencia, plenitude e independencia. Problemas que xorden actualmente. Que é un sistema xurídico. 3. Dimensión activa e dimensión pasiva do sistema xurídico. 4. Estrutura do lado pasivo do sistema xurídico: normas primarias e normas secundarias, de Kelsen a Hart. 5. A identidade dos sistemas xurídicos e a pertenza das normas a un sistema. O sistema xurídico como sistema dinámico. 6. A validez das normas. 7. A validez no Dereito actual. |
Tema 4. Nocións de teoría das fontes do Dereito e introdución ao sistema español de fontes. | 1. Significados da expresión "fontes do Dereito". 2. Fontes formais e fontes materiais. 3. As fontes formais: aproximación teórica. 3.1. A lei. Lei formal e lei material. 3.2. O costume. Concepto. Lei e costume. Elementos do costume e problemas que presentan. 3.3. A xurisprudencia. Que é unha sentenza xudicial. Son normas as sentenzas? Xurisprudencia e precedente. Utilidade do estudo da xurisprudencia. A xurisprudencia como fonte do Dereito. 3.4. A doutrina. Estrutura do discurso ou texto doutrinal. A doutrina como fonte do Dereito. 4. A evolución histórica das fontes do Dereito. 5. O sistema de fontes do Dereito no Dereito español. 5.1. As "fontes das fontes": o título preliminar do Código civil e a Constitución de 1978. 6.2. A Constitución como norma xurídica e como fonte do Dereito. As sentenzas do Tribunal Constitucional. 5.3. A lei. Evolución histórica e crise actual. A lei como fonte do Dereito e o principio de legalidade. Normas con rango de lei. Os tratados internacionais. 5.4. As normas regulamentarias. 5.5. O costume. Historia e crise actual. Ámbitos onde conserva vixencia. Caracteres do costume no noso ordenamento xurídico. 5.6. Os principios xerais do Dereito. Historia. Os principios no noso ordenamento xurídico. Principios implícitos e principios explícitos. 5.7. A xurisprudencia. É a xurisprudencia fonte do Dereito no noso ordenamento? A creación xudicial do Dereito. Os precedentes: precedente obrigatorio e precedente persuasivo. Conclusión: o xuíz e o lexislador. 5.8. Outras fontes do Dereito: en particular, os instrumentos nos que se plasman os actos da autonomía da vontade. |
Tema 5. O suxeito de Dereito | 1. A orde xurídica, orde humana: a persoa. 2. O concepto xurídico de persoa e a súa evolución. 3. Elementos para unha crítica do concepto xurídico de persoa. 4. A extensión da personalidade xurídica: capacidade xurídica e capacidade de obrar. 5. Outros suxeitos de dereito: a persoa xurídica. |
Tema 6. A relación xurídica | 1. Concepto. 2. Presupostos. Alteridade. Igualdade. 3. Elementos: suxeitos, obxecto, vínculo, fundamento. 4. Relación xurídica e situación xurídica. 5. Situacións xurídicas activas e pasivas. |
Tema 7. O deber xurídico | 1. Aproximación a partir do uso lingüístico. "Ter o deber de" e "verse obrigado a". 2. Deber xurídico e deber moral. 3. Características do deber xurídico: posibilidade; exterioridade; licitude; equivalencia entre débito e prestación; irrenunciabilidade; esixibilidade; determinación ou determinabilidade; inexcusabilidade. 4. As garantías do deber xurídico. 5. Límites do deber xurídico. |
Tema 8. O dereito subxectivo | 1. Idea xeral. Aproximación desde o uso lingüístico e desde as clasificacións científicas máis estendidas. 2. Estrutura do dereito subxectivo: suxeito activo; suxeito(s) pasivo(s); obxecto; contido; fundamento; título. 3. Dimensión dinámica do dereito subxectivo. Condicións de exercicio. Extensión. Límites. 5. Recapitulación: o dereito subxectivo, construción abstracta. 6. Outras situacións de poder xurídico: as potestades. |
Tema 9. Os feitos e as accións ante o Dereito | 1. Actos e feitos. 1.1. Feitos e feitos xurídicos. 1.2. Os actos xurídicos. 1.2.1. Actos libres. A autonomía da vontade. 1.2.2. Actos debidos ou de cumprimento do Dereito. 2. A violación da orde xurídica. Acto ilícito, responsabilidade e sanción. 2.1. O acto ilícito. Concepto. Ilícitos típicos e ilícitos atípicos. 2.2. A responsabilidade. Concepto e clases. Elementos. 2.3. A sanción. Concepto e clases de sancións. |
Tema 10. Aproximación á aplicación ou determinación do Dereito. | 1. Os problemas da linguaxe do Dereito e a necesidade da interpretación. Noción e tipos. 2. Interpretación e aplicación. A aplicación do dereito e a resolución da controversia como actividade complexa: subsunción e decisión. 3. A xustificación das decisións xudiciais. A tarefa creativa dos xuíces. |
Segunda parte. Cara a unha comprensión global: o Dereito como práctica social |
__________________________________________________ |
Tema 11. O Dereito como instrumento para a vida social. | 1. A orde social. 2. A orde social non é unha orde espontánea: funcións do Dereito en relación coa orde social. 3. Dereito, Estado e poder. 3.1. A comunidade política como creadora e conservadora da orde xurídica. 3.2. O Dereito como factor de organización, lexitimación e conservación da comunidade política. |
Tema 12. O Dereito como conxunto de materiais vinculantes para a resolución de conflitos. | 1. O Dereito non é só o sistema de normas que se deriva ou extrae do sistema de fontes. 2. A técnica xurídica. 3. O elemento ideal: os valores. Valores xurídicos. 4. A interrelación entre o elemento ideal, a técnica e os preceptos. |
Tema 13. Fins do Dereito e valores xurídicos | 1. A xustiza. 1.1. Aproximación á noción de xustiza. Xustiza material e xustiza formal. 1.2. Principais proxeccións da xustiza. 2. A seguridade. 2.1. A seguridade como condición e esixencia da vida humana. 2.2. A seguridade xurídica, cualidade do Dereito que introduce certeza e orde. 2.3. Principais proxeccións e limitacións da seguridade xurídica. 3. Relacións entre xustiza e seguridade. |
Tema 14. As formas activas da vida xurídica. | 1. A produción de normas: en particular, a lexislación. 2. O tráfico xurídico. 3. A adxudicación. 3. Relación entre as actividades anteriores e o Dereito como conxunto de materiais vinculantes. |
Tema 15. En definitiva, que é o Dereito? O Dereito como práctica social. | 1. A unificación dos sentidos de "Dereito". 2. Proposta dunha definición descritiva do Dereito. 3. Carácteres do Dereito como práctica social: 3.1. Carácter institucional. 3.2. Normatividade. 3.3. Coactividade. 3.4. Pretensión de comprehensividade e pretensión de supremacía. |
|