Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Grao
1º cuadrimestre
Primeiro
Formación básica
6
Idioma
Castelán
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Letras
Coordinación
Veleiro Perez, Ana Maria
Correo electrónico
ana.veleiro@udc.es
Profesorado
Gonzalez Garcia, Luis
Veleiro Perez, Ana Maria
Correo electrónico
luis.gonzalezg@udc.es
ana.veleiro@udc.es
Web
Descrición xeral
Estudo descritivo e instrumental da lingua española. Elaboración e análise de textos orais e escritos de diferentes ámbitos.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se prevén modificacións nos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral
- Lecturas
- Solución de problemas
- Obradoiro
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Eventos científicos e/ou divulgativos (en caso de confinamento non será posible acudir a actos públicos).
- Proba mixta (non se realizará. A avaliación destes contidos distribúese entre as metodoloxías solución de problemas e obradoiro).
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
-Correo electrónico. Diariamente. Utilizarase para atender as consultas de tipo particular do alumnado.
-Moodle. Varias veces por semana, segundo as necesidades. Usarase para proporcionar ao alumnado o material necesario para a docencia e avaliación. Tamén se utilizarán distintos tipos de foros para resolver consultas de carácter colectivo sobre a elaboración das actividades ou sobre o contido das sesións expositivas.
-Teams. Semanalmente. A docencia expositiva e interactiva realizarase mediante videoconferencia no horario aprobado pola xunta de facultade.
OBRADOIRO: Realizarase en Moodle, mediante actividades interactivas deseñadas para que o alumnado poida aplicar o contido teórico á práctica, así como exercicios individuais ou grupais.
4. Modificacións na avaliación
En caso de docencia non presencial variará a porcentaxe dos sistemas de avaliación do seguinte xeito:
- Proba mixta. Elimínase.
- Solución de problemas. Sube a súa porcentaxe na avaliación de 30 % a 60%.
- Obradoiro. Sube a súa porcentaxe na avaliación de 20 % a 40 %.
*Observacións de avaliación:
O apartado solución de problemas pasa a valer o 60 %. Constará de tres probas que se realizarán telematicamente de forma asíncrona mediante Office Forms ou Moodle:
- Test de morfoloxía e clases de palabras (20 %)
- Test de grupos sintácticos, de funcións da oración simple y de diátese (20 %)
- Análise de oración composta (20 %)
O obradoiro pasa a valer o 40 %.
Os catro exercicios coas correspondentes instrucións serán remitidos por Moodle.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías