Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Grao
1º cuadrimestre
Primeiro
Formación básica
6
Idioma
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Letras
Coordinación
Lourenzo Modia, Cilla
Correo electrónico
cilla.lourenzo.modia@udc.es
Profesorado
Freixeiro Mato, Xose Ramon
Lourenzo Modia, Cilla
Correo electrónico
ramon.freixeiro@udc.es
cilla.lourenzo.modia@udc.es
Web
Descrición xeral
Esta materia céntrase no estudo descritivo e instrumental da lingua galega, así como na elaboración e análise de textos orais e escritos de diferentes ámbitos e de calquera época.
Alén diso, preténdese potenciar no alumnado a capacidade comunicativa, o contraste de ideas e o pensamento crítico, fomentar a aprendizaxe autónoma e o traballo cooperativo e mais integrar o labor académico no noso contexto social e cultural.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non hai modificacións nos contidos da materia.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas: sesión maxistral, lecturas, obradoiro, traballo tutelado, presentación oral e proba mixta.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Mantéñense todas as metodoloxías docentes; porén, en varias delas múdase o modo de realización.
Así, a sesión maxistral e o obradoiro faranse por Teams.
A proba mixta realizarase de maneira asíncrona, a través do Campus Virtual, e a presentación oral levarase a cabo en Teams.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
As titorías desenvolveranse por Teams previa cita (que se concertará por e-mail no mínimo con un día de antecedencia).
4. Modificacións na avaliación
A proba teórico-práctica levarase a cabo de maneira asíncrona a través do Campus Virtual.
A exposición oral realizarase a través de Teams, despois da proba mixta; comunicaranse polo Campus Virtual as horas en que cada alumno/a deberá levar a cabo a dita exposición.
O traballo tutelado entregarase a través do Campus Virtual.
*Observacións de avaliación:
Ningunha.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías