Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingüística Xeral
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Lingüística Xeral Código 613G01004
Titulación
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Fernández Ferreiro, Manuel
Correo electrónico
manuel.fernandez.ferreiro@udc.es
Profesorado
Fernández Ferreiro, Manuel
Morales Lopez, Esperanza
Sarymsakova , Albina
Correo electrónico
manuel.fernandez.ferreiro@udc.es
e.morales.lopez@udc.es
albina.sarymsakova@udc.es
Web
Descrición xeral Bases teóricas e metodolóxicas para o estudo e investigación da linguaxe e as linguas, e as súas aplicacións. Esta materia proporciona os coñecementos e destrezas básicos para o seguimento de calquera outra materia de corte lingüístico, e é a única de todo o plan de estudos que ofrece un panorama global das diferentes formas de estudar e entender a linguaxe, e das distintas aplicacións deses coñecementos. Polo tanto, fornece ao estudante con habilidades básicas para o desenvolvemento de actividades profesionais relacionadas coa linguaxe e, en xeral, coa comunicación.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non haberá ningún cambio. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Basicamente todas, inda que adaptándoas á non presencialidade. *Metodoloxías docentes que se modifican A realización de probas mixtas (exames) pasará a ser non presencial, e diminuirá o peso do traballo colaborativo. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Nos horarios de titoría xa existentes, e previa cita co profesor/a afectado a través do correo electrónico, utilizando os recursos electrónicos facilitados pola UDC. 4. Modificacións na avaliación Non se modifica nada do previsto para o curso, excepto que as probas mixtas desenvolveranse a distancia cos medios electrónicos facilitados pola universidade. O 10% por asistencia, participación e desempeño valorarase mediante un seguimento a distancia. *Observacións de avaliación: De non ser posible a entrega presencial, as actividades e probas mixtas só se entregarán electronicamente a través de Moodle, nos espazos que os profesores/as habiliten para tal fin: isto é unha garantía para os/as propios/as estudantes, ao quedar constancia da súa entrega. As probas mixtas (final e parciais) que se fagan de forma non presencial garantirán a igualdade de oportunidades na concorrencia; eliminarase a parte de exame test e potenciaranse as preguntas centradas na reflexión, a argumentación, a análise, a aplicación e o estudo de caso. As probas mixtas non presenciais consistirán nunha proba semisíncrona cun período adecuado de realización. Os/as estudantes recibirán un documento explicativo do proceso de exame, e pediráselles que indiquen se teñen algunha dificultade para realizalo que deba ser atendida. Achegaráselles o exame por Moodle, Teams e/ou correo electrónico (dependendo das posibilidades de cada estudante) na hora e data establecidas en cada caso; tras realizalo, os/as estudantes entregarano polos medios indicados polos profesores/as (Moodle, Teams, correo electrónico…). Durante o tempo de exame os profesores/as estarán dispoñibles a través de Moodle, Teams e/ou correo electrónico, e nun número telefónico, para resolveren dúbidas dos estudantes ou atender problemas sobrevidos. Será prioritario garantir a igualdade de oportunidades na concorrencia, habilitando se é necesario procedementos específicos para a realización e entrega das probas (ou actividades equivalentes).Habilitaranse procedementos de revisión das actividades e probas realizadas, utilizando os recursos tecnolóxicos xa sinalados. Se o profesor/a ve necesario resolver dúbidas sobre a realización das probas, convocará unha titoría non presencial co estudante á que este/a deberá asistir para aclaralas debidamente. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non é necesario facer ningunha modificación: garantirase que os/as estudantes teñen acceso a todos os materiais necesarios para preparar a materia a través de Moodle (principalmente) e Teams. A maiores, poden utilizar algúns recursos electrónicos a través da biblioteca da UDC, ou tamén outros externos indicados polos profesores/as.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes