Historia da historiografía occidental, dende a Antigüidade á Idade Contemporánea. O curso centrarase nas fontes historiográficas, de carácter literario, non so analizando as preferencias temáticas e as orientacións ideolóxicas dos cronistas e historiadores, senón tamén (ao seren unha Facultade de Filoloxía) facendo unha especial énfase nas relacións deses autores cos xéneros literarios concorrentes na representación do pasado, nomeadamente a épica e a novela. Polo demáis, a explicación do contexto histórico constituirá unha condición sine qua non pra profundar nos autores en cuestión.
Plan de continxencia
MODIFICACIÓNS DA GUÍA DIDÁCTICA
Addenda á Guía Docente por mor do COVID19 no caso de interrupcións das clases
Modificacións nos contidos: Non hai cambios.
Metodoloxías docentes que se manteñen: todas. As clases expositivas e interactivas continuarían en liña. Os eventuais controis de asistencia e participación se farían tamén de maneira telemática. As recensións dos alumnos repetidores e con dispensa académica se entregarían en soporte dixital.
A proba final se faría en liña (escrita ou oral, dependendo das condicións do momento).
As porcentaxes nas avaliacións se manterían.
Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: correo electrónico e/ou Teams.
Mecanismo de transferencia da documentación, a mesma: Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías