Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Grao
1º cuadrimestre
Cuarto
Optativa
4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Letras
Coordinación
Tato Garcia, Cleofe
Correo electrónico
cleofe.tato@udc.es
Profesorado
Caparros Esperante, Luis
Tato Garcia, Cleofe
Correo electrónico
luis.caparros@udc.es
cleofe.tato@udc.es
Web
Descrición xeral
Preparación para a investigación literaria.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos:
Non hai
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Actividades inicias
*Metodoloxías docentes que se modifican:
O Obradoiro e a Sesión maxistral desenvolveranse ben a través do Campus Virtual (mediante presentacións, lecturas e/ou exercicios), ou ben a través de Teams. A asistencia a un evento será substituída pola audición dalgunha conferencia ou o visionado dalgún evento ou documental en internet. Proba mixta: no caso de ser imposible a súa realización de maneira presencial, levarase a cabo unha proba síncrona a través de Teams, que o alumnado fará a man en papel e da que subirá unha foto ao Campus Virtual para a súa avaliación.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Correo electrónico; videochamada, previa solicitude de cita, a través de Teams (terá lugar no horario de titorías).
4. Modificacións na avaliación: mantéñense as actividades e as porcentaxes; únicamente cambia, de ser preciso, o modo en que se desenvolve a proba mixta e a maneira en que se entrega, aspecto este que afecta tamén á entrega de exercicios do obradoiro, do resumo do evento e do traballo, que se subirán ao Campus Virtual.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
Non hai modificacións na bibliografía, aínda que, se os estudantes non poden acceder á Biblioteca, será necesario proporcionarlles os elementos básicos de consulta a través do correo electrónico ou do Campus Virtual.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías