Análise de fontes documentais |
A1 A2 A3 A6 A7 A15 |
Comentarios de texto feitos na clase. Se recollerán tres, catro ou cinco durante o curso. 4.5 puntos.. |
45 |
- Nesta
materia valorarase especialmente o coñecemento dos principios básicos de cada
escola crítica literaria, e, tamén, a capacidade de analizar razoadamente,
empregando eses coñecementos teóricos básicos, distintos textos literarios en lingua inglesa. - A nota
final ha de ser igual a 5 para poder aprobar a materia. Os alumnos/as deberán
obter tamén un mínimo de 1.6 sobre 4 puntos no exame, e de 2.4 sobre 6 na
avaliación continua (análise e traballo) para facer media. A asignatura é impartida por dous profesores que evaluan o 75 % e o 25%. Os alumnos necesitan tamén un mínimo de 3 puntos e de 1 respectivamente por profesor para facer media. - A evaluación do Dr Gómez é como sigue: traballo tutelado (1.5 puntos), análise de fontes (2) e a proba mixta ou exame (4). En total 7.5 puntos.
- A evaluación da Dra Simal é: análise de fontes (2.5) feitos durante a sua parte do curso.
- Plaxiar nos traballos invalida o traballo. Temos aplicacións como "Turnitin" para facilitar a detección de citas incorrectas, plaxio e outros tipos de fraude. Se isto ocorrer, aplicaranse
as normas contra o plaxio (Normas de avaliación, revisión e reclamación das
cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario). "Turnitin" recoñece traballos previamente
realizados por outras persoas (ou polo/a propio/a estudante) nesta universidade
ou noutras, ademais doutros materiais localizados en Internet. - Os alumnos/as
que non fagan traballos, exposicións orais ou comentarios de texto non terán
notas de avaliación continua. É necesario obter 2 puntos e deberán recuperalos
na convocatoria de recuperación ou de segunda oportunidade, aínda que teñan 4 de 4 puntos no exame de primeira oportunidade, algo que obviamente non é doado. - A única
lingua empregada en clase, traballos e exames será o inglés. As faltas de
expresión graves (non de estilo) en lingua inglesa mermarán a nota en calquera
actividade. Por tanto recoméndase que os alumnos/as se esmeren na redacción e
revísena. Tampouco se permitirán plaxio de fontes escritas ou dixitais en
exames ou traballos. Os alumnos deben adquirir competencia literaria propia en
certa medida, aínda que é lóxico que os comentarios e interpretacións do
profesor subexistan tras a devandita competencia. - Os alumnos/as
que asistan e participen durante ou curso na avaliación continua non poderán
ser considerados como non presentados a partir da realización dun 25 % das
actividades. - Aqueles
alumnos que oficialmente fosen matriculados a tempo parcial, e que posúan unha
dispensa académica, tal e como establece a Normativa de permanencia desta
universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos
criterios que para a segunda oportunidade de xullo. Os alumnos a tempo parcial
con dispensa académica, deberán falar co profesor durante as dúas primeiras
semanas para buscar alternativas á avaliación continua ou ben facer actividades complementarias o día do examen. O ensaio é obrigatorio neste caso tamén. - Os alumnos
que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as
normas especificadas para a oportunidade de xullo. - A
avaliación da oportunidade de xullo divídese da forma seguinte: 40% exame
final e 60% actividades que substituirán
o traballo da avaliación continua (o ensaio non é sustituido). As partes aprobadas aínda contan.
|