Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Computación de Altas Prestacións / High Performance Computing (Mod. Virtual)
 Asignaturas
  HPC na Nube
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A6 B2 B6 A proba poderá conter preguntas tipo test, de resposta breve ou resolución de exercicios relacionados cos contidos tratados na materia. 40
Traballos tutelados B2 B5 B6 Os traballos tutelados serán sobre algún tema a convir entre o alumno e o profesor. Valorarase o cumprimento das especificacións, a orixinalidade, a contribución persoal, a metodoloxía e rigorosidade e a presentación de resultados. 20
Prácticas a través de TIC A1 A6 B2 B5 B6 C1 Valorarase o grao de cumprimento das especificacións, a metodoloxía e rigorosidade e a presentación de resultados. 40
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, debe conseguirse unha puntuación total de 5 ou superior.

Os alumnos que non sexan de nova matrícula poden conservar as notas das prácticas e do traballo tutelado do curso anterior nas que obtiveran unha puntuación mínima de 5 sobre 10. 

Segunda oportunidade (Xullo) e extraordinaria: 

A valoración será igual que na primeira oportunidade. Os alumnos que non entregaron os traballos propostos na primeira oportunidade deberanos entregar antes da data da proba obxectiva. 

Condición para cualificación de Non Presentado: 

Non presentar ningunha práctica e non presentarse ao exame.

Fraude

No caso de detectarse algunha fraude nas probas avaliables aplicaranse as medidas sancionadoras previstas na normativa da Universidade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes