A materia céntrase na programación con estruturas de datos dinámicas e complexas, tratadas baixo a óptica dos tipos de datos abstractos. Pertence ao bloque de materias de Linguaxes e Programación do Módulo de Formación Básica da titulación. Presenta unha forte interrelación coas materias do Módulo Común á Rama de Informática, sendo as relacións mais estreitas con Programación I, Bases de Datos, Algoritmos e Deseño Software. Tamén presenta certa relación co bloque temático de Matemáticas, especialmente coa materia Matemática Discreta. Respecto ao perfil profesional, moitas áreas da computación requiren a habilidade de traballar coas estruturas de datos que se estudan nesta materia que permitirá aos/as estudantes mellorar as súas habilidades como programadores/as.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se producirán cambios nos contidos.
2. Metodoloxías
Todas as metodoloxías docentes se manteñen, tan só cambia o medio de uso que poderá ser mediante realización síncrona das actividades a través de Teams, nas franxas horarias do calendario oficial, ou mediante o uso de material dixitalizado (vídeos, presentacións, etc.).
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado.
Serán os mesmos que os habilitados en condicións de normalidade pero en modo non presencial.
4. Modificacións na avaliación
As condicións de avaliación contidas na Guía Docente non sufrirán cambios. No caso de que o exame non poda realizarse de modo presencial, pasará a realizarse de modo online.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se contemplan.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías