Estudo da arquitectura, organización, función e deseño dun computador. Presentación das principais métricas del rendemento dun computador. Avaliación e optimización do rendemento dos bloques funcionais básicos do computador. Introducción ós sistemas paralelos e sistemas de almacenamento.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral: as sesións realizaranse por videoconferencia usando Teams.
- Sesións de prácticas e resolución de problemas: serán realizadas por videoconferencia usando Teams e avaliadas de forma online.
- Proba obxectiva: será unha proba en liña utilizando o Moodle.
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Ningunha
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas e solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas
- Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros telemáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias.
- Microsoft Teams: Diariamente. De uso para facer consultas e solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas. Sesión semanal en gran grupo para o avance de contidos teóricos e prácticos na franxa horaria designada para cada grupo no calendario da facultade. Sesións en pequeno grupo baixo demanda para o seguimento da docencia.
4. Modificacións na avaliación
*Observacións de avaliación:
- Mantéñense as que figuran na guía docente
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo de maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías