Esta materia supón unha continuación da materia de Xestión de Infraestruturas orientada ao estudo de solucións tolerantes a fallas e de alta dispoñibilidade en centros de procesamento de datos (CPD) e unha introdución ao uso de tecnoloxías de virtualización nos CPDs e aos fundamentos da Computación na Nube (Cloud Computing).
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se modifican
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Ningunha
*Metodoloxías docentes que se modifican
Sesión maxistral: pasaría á modalidade non presencial síncrona, mediante videoconferencia por TEAMS e con gravación da sesión para o acceso asíncrono do alumnado que non poida seguir a sesión no horario oficial.
Prácticas de laboratorio: pasarían á modalidade non presencial. Durante o horario oficial de prácticas usarase TEAMS para a atención personalizada do alumnado e o seguimento continuado da realización das prácticas.
Proba obxectiva: adáptase o seu formato á modalidade non presencial usando a ferramenta de exames da plataforma Moodle da UDC
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Comunicación asíncrona baixo demanda (correo electrónico, mensaxería instantánea e/ou videochamada usando Teams)
Comunicación síncrona semanal nos horarios de docencia oficiais ou, excepcionalmente, en horarios acordados previamente co alumnado (videoconferencia usando Teams)
Aloxamento dos contidos do curso (materiais, novas, clases gravadas, vídeos, bibliografía, foros, etc.) en Moodle con actualización típica semanal.
4. Modificacións na avaliación
Non hai modificacións nas metodoloxías, criterios ou porcentaxes indicados na guía docente
*Observacións de avaliación:
A única modificación é a adaptación da proba obxectiva a unha modalidade non presencial
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se modifican
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías