Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información Computación Electrónica e Sistemas Enxeñaría de Computadores Matemáticas Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
Coordinación
Martin Santamaria, Maria Jose
Correo electrónico
maria.martin.santamaria@udc.es
Profesorado
Martin Santamaria, Maria Jose
Correo electrónico
maria.martin.santamaria@udc.es
Web
Descrición xeral
A materia de PE é unha materia optativa do cuarto curso que se pode cursar no primeiro ou no segundo cuadrimestre, con 12 créditos. O seu obxectivo é completar a formación do grao con estancias nas entidades colaboradoras nas que experimentar o desenvolvemento da actividade profesional nun marco real. A FIC ten acordos con distintas empresas para a realización de prácticas curriculares.
O desenvolvemento dunha PE implica:
1) O contacto da FIC con entidades colaboradoras e a dispoñibilidade destas para aceptar a estudantes do grao que realicen tarefas que podan desenvolverse mediante a materia de PE.
2) Os contactos para definir as PE dun curso académico inicianse desde finais do curso previo.
3) A formalización dun acordo entre a entidade colaboradora e a FIC, o que suporá a asignación da práctica a un estudante.
4) A designación dunha persoa da entidade colaboradora que actuará como titor profesional do estudante supervisando o desenvolvemento efectivo das súas tarefas.
5) A designación dunha persoa da FIC coas funcións de titor académico que supervisará que o estudante realice o plan de formación determinado, que recibirá os informes do titor profesional e do estudante, e que avaliará o realizado polo estudante.
6) A definición dun plan de formación onde os titores da PE definan o alcance do traballo a realizar polo estudante.
A normativa da UDC sobre PE require que se estableza un convenio para a relación de PE.
Existen unhas directrices específicas da FIC para ampliar e concretar o marco normativo da UDC:
1) Que o estudante superase a metade dos créditos do grao.
2) Que superase todas as de formación básica (primeiro curso).
3) Que faga a solicitude no prazo establecido e que a nota media do se expediente se atope entre o número de alumnos permitido para cada cuadrimestre. Este límite ven marcado pola vicerreitoría de profesorado, xa que cada titor académico consume 2 horas de POD por cada alumno titorizado.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán modificacións nos contidos, xa que os estudantes deben incorporarse a unha empresa e participar nas súas actividades.
No caso de que a empresa decida que o traballo debe realizarse e supervisarse de maneira online, os alumnos deberán adaptarse. Se a empresa decide paralizar as prácticas, os alumnos deberán acollerse a algunha das medidas qeu estableza a UDC para dita situación.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas
*Metodoloxías docentes que se modifican
Sen cambios
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Os titores académicos poderán realizar a atención personaliza a través das canles telemáticas que a UDC pon á súa disposición: correo electrónico, Teams, Moodle...
4. Modificacións na avaliación
Non hai modificacións na avaliación.
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non procede.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías