Esta materia impártese no primeiro curso da titulación. A mecánica de medios continuos permite determinar o comportamento interno dun corpo en resposta ás forzas externas que actúan sobre el e proporciona a base para múltiples e variados campos da ciencia. Os medios continuos poden clasificarse atendendo ao seu comportamento mecánico en sólidos deformables e fluídos.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non hai cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral
Estudo de casos
Lecturas
Proba obxectiva
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Sesión maxistral: No caso de non poder facerse presencialmente, impartiranse a través da plataforma de MS Teams.
- Estudo de casos: No caso de non poder facerse presencialmente, realizaranse utilizando MS Teams e a plataforma VDI "Aula Camiños" co software necesario (OPENFoam, Salome, blueCFD, etc).
Proba obxectiva: No caso de non poder facerse presencialmente, realizaranse utilizando Moodle e MS Teams.
Entrega de traballo: Realizarase utilizando Moodle e MS Teams.
Proba de respostas curtas e/ou tipo test: Realizarase utilizando Moodle e MS Teams.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
No caso de non poder levarse a cabo presencialmente, a atención personalizada realizarase a través do correo electrónico, Moodle ou MS Teams.
4. Modificacións na avaliación
Proba obxectiva no Bloque A (medio continuo sólido) (65%) consistente na resolución de problemas nun tempo determinado empregando Moodle e MS Teams.
Entrega de traballo no Bloque B (medio continuo fluído) (20%) consistente en realizar individualmente un modelo CFD en 2D mediante Moodle, MS Teams e a plataforma VDI "Aula Camiños".
Proba de respostas curtas e/ou tipo test no Bloque B (medio continuo fluído) (15%) sobre os contidos teóricos mediante Moodle e MS Teams.
*Observacións de avaliación:
A proba obxectiva do bloque A consistirá nun exame individual manuscrito, presencial ou non presencial, síncrono. A proba de respostas curtas e/ou tipo test do bloque B realizarase presencial ou non presencial, síncrono. Unha vez realizadas as probas, bloque A e/ou B, os profesores poderán contactar de maneira discrecional a través de MS Teams, coa totalidade, ou parte dos estudantes, para preguntar oralmente sobre o contido do exame realizado. Estes contactos serán gravados e pasarán a formar parte do exame do estudante. O obxectivo destes contactos pode ser dobre: acreditar a autoría do exame por parte do estudante, e no seu caso, pedir as aclaracións sobre o exame que poidan ser pertinentes antes de proceder á súa cualificación. É responsabilidade dos estudantes a custodia dos exercicios realizados, que lles poderán ser requiridos en calquera momento. A non comparecencia ao ser contactados polos profesores sen causa xustificada provocará que o exame sexa cualificado cun cero (0).
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se producen modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías