Ver página web de la asignatura: http://caminos.udc.es/info/asignaturas/grado_tecic/311/index.html
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se prevén modificacións dos contidos
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Publicación de boletíns de prácticas ao principio de cada tema para que resolvan os alumnos na páxina web da asignatura e en Moodle.
- Publicación das solucións dos boletíns de prácticas ó finalizar cada tema da asignatura.
- Probas de seguimento das clases realizadas.
- Traballo de curso obrigatorio e individual.
*Metodoloxías docentes que se modifican
As sesión maxistrais e a resolución de prácticas e exercicios presenciais serán substituídas por sesións virtuais na plataforma Teams (ou a que se considere adecuada para garantir o acceso con calidade a tódolos estudantes). A documentación e contido das clases será previamente posta a disposición dos estudantes no formato adecuado, e na plataforma Moodle por defecto (utilizarase tamén a páxina web da asignatura como apoio ou o método que sexa necesario para garantir a difusión dos recursos a todo o estudantado). Os contidos serán explicados nas sesións virtuais utilizando o soporte gráfico previamente publicado.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Estableceranse titorías individuais online, na plataforma Teams, e tamén telefónicas e mediante o uso do correo electrónico.
Teams -> En calquera momento en horario laboral previa cita (excepto en horas de clase).
Correo electrónico -> En calquera momento.
Teléfono -> En calquera momento en horario laboral previa cita (excepto en horas de clase).
4. Modificacións na avaliación.
No caso de non poder realizarse a docencia de xeito presencial durante un período prolongado de tempo o sistema de avaliación terá en conta esta circunstancia.
Realizarase una proba obxectiva que representará o 100% da puntuación. A proba obxectiva garantirá en todo caso a proporcionalidade respecto aos contidos impartidos de forma presencial e aos impartidos de forma non presencial.
Os estudantes poderán obter unha bonificación adicional na puntuación de acordo aos seguintes mecanismos:
- Ata un 10% adicional mediante o traballo de curso, obrigatorio e individual.
- Ata un 5% adicional pola realización de: probas de duración curta ao remate das clases, exercicios breves de seguimento, e por asistencia a clase.
*Observacións de avaliación:
Os exames realizados de xeito telemático consistirán en probas individuais e manuscritas a realizar polo estudante segundo o calendario de exames oficiais presentado. Para a realización do exame os estudantes poderán utilizar unha calculadora científica básica.
Os estudantes escribirán ó comezo de cada folla do exame que vaian realizar, como mostra de lealtade e responsabilidade, a seguinte declaración:
“Eu, nome apelido1 apelido2 con DNI: XXXXXXXX-X declaro pola miña honra que non utilizarei medios nin métodos fraudulentos para a realización de este exame de asignatura.” E asinarán ao lado indicando tamén a data e a hora.
Os detalles acerca do horario e instrucións para a realización do exame publicaránse coa suficiente antelación.
O exame será publicado nos medios de información habituais da asignatura de acordo co horario establecido (páxina web, Moodle, etc.). O estudante consultará o enunciado e respostará ás preguntas en follas en branco que leven como encabezamento a declaración arriba indicada.
Unha vez rematado o exame de xeito telemático os profesores poderán contactar con calquera alumno e pedirlle que lles explique un ou varios apartados do mesmo para corroborar a autoría e que non se usaron métodos fraudulentos. O estudante gardará obrigatoriamente os manuscritos orixinais e entregarallos ao profesor posteriormente cando a situación o permita.
Se de xeito excepcional algún alumno tén un motivo xustificado polo que non poida facer o exame no día e hora establecidos establecerase outro exame en outra data.
En todos os casos garantirase a proporcionalidade do exame tendo en conta a excepcionalidade da situación.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías