Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Economía da Empresa: Función Organizativa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A17 A18 A23 A24 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C8 C7 C6 C5 C4 C3 C2 C1 Realización dunha proba obxetiva dos conceitos vistos na asignatura. 70
Traballos tutelados A1 A17 A18 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 B9 C8 C7 C6 C5 C4 C3 C2 C1 A cualificación estará formada pola obtida nos traballos tutelados realizados en grupo (a mesma para tódolos integrantes do equipo) e pola obtida na presentación oral do traballo e preguntas sobre o mesmo (que será individual para cada alumno/a). 30
 
Observacións avaliación

Observacións
de avaliación

A)        NORMATIVA DE AVALIACIÓN:

1.         Condicións de avaliación: Está
prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a
comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.

2.         Identificación do estudante: O
estudante ha de acreditar a súa identidade de acordo coa normativa vixente.

B)        TIPOS DE CUALIFICACIÓN:

1.         Cualificación de non presentado:
Corresponde ao alumnado, cando só participe en actividades de avaliación que
teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con
independencia da cualificación alcanzada.

2.         Estudantes con recoñecemento de
dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, así
como nos supostos análogos contemplados na normativa: este tipo de alumnado
aínda que estean exentos de asistencia, serán avaliados cos mesmos criterios
que aos alumnos a tempo completo.

C)       OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:

1.         Primeira oportunidade:

A
avaliación da materia consta de duas partes:

1.
Proba obxectiva (exame): supón un 70% da cualificación.

2.
Traballos tutelados con presentación oral dos mesmos: supón un 30% da
cualificación. A entrega dos traballos farase en soporte informático e papel.
Na defensa oral do traballo tutelado, que será presencial (salvo polo previsto
no plan de continxencia), participarán obrigatoriamente todos os compoñentes do
grupo responsable da súa elaboración. Realizarase dentro do período lectivo,
nas datas sinaladas polo profesorado, non é posible fora do mesmo.

Para
sumar a nota de traballos tutelados ao exame (proba obxectiva), haberá que
alcanzar como mínimo un 4 sobre 10 no exame. Para superar a materia, a nota
media ponderada final deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10.

En
caso de non alcanzar un 4 sobre 10 no exame, a nota da materia será a obtida no
exame (proba obxectiva) ponderada polo 70%.

2.         Segunda oportunidade: Os criterios de
avaliación e cualificación son iguais na primeira e segunda oportunidade.

Gardarase
a nota do traballo tutelado (30%) para a segunda oportunidade, pero en ningún
caso para cursos posteriores.

3.         Convocatoria adiantada: As condicións
de avaliación da oportunidade adiantada (art. 19 dás Normas de  Avaliación, Revisión e  Reclamacións dás  Cualificacións dúas  Estudos de 
Grao e  Mestrado Universitario)
serán específicas para esta oportunidade. Esta será avaliada por medio dunha
proba obxectiva (exame) que supoñerá o 100 % da cualificación final.

D)        OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN:

-
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica
de exención de asistencia así como nos supostos análogos contemplados na
normativa, deberá comunicar esta circunstancia ao profesor ao comezo do curso.
Aplicaráselle o mesmo sistema de avaliación que ao resto de alumnado.

-
Calquera información, aviso. etc. notificarase aos alumnos polos medios
dispostos pola UDC.

-
A cualificación de Non presentado esixe que o alumno non participase en
actividades de avaliación que superen o 20% da cualificación final, con
independencia da cualificación obtida.

-
Os alumnos deberán acreditar a súa identificación de acordo coa normativa
vixente.

-
Calquera alumno/a sorprendido realizando probas de avaliación mediante calquera
procedemento fraudulento asignaráselle unha nota de cero na oportunidade
correspondente.















































- É
responsabilidade dos alumnos consultar a dirección de email que UDC lles
asigne, a plataforma  moodle, o  teams individual así como o grupo  teams correspondente á materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes