Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Matemáticas I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A21 A23 B2 B3 B7 B10 A súa ponderación total na cualificación final é do 30%.Haberá ao longo do cuadrimestre, un máximo de 3 probas 30
Traballos tutelados A1 A13 A21 A23 B1 B3 B4 B5 A súa ponderación total na cualificación final é do 10%. Os docentes poderán solicitar do alumno a defensa dos traballos presentados. A defensa non satisfactoria ou a non presentación á defensa poderá supor unha puntuación nula dos traballos. 10
Proba mixta A1 A3 B1 B2 B5 B7 C1 C3 C5 C7 A súa ponderación total na cualificación final é do 60%.Proba de resolución de exercicios e problemas. Poderá ter tamén preguntas teóricas. O estudante deberá amosar ademais dos coñecementos dos resultados obtidos, a capacidade de razonamento e de expresión en linguaxe matemática. 60
 
Observacións avaliación

Cualificación de Non presentado: Outorgarase esta cualificación ao estudantado que só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con independencia da cualificación obtida. 

Condicións de realización dos exames: Durante a realización dos exames  

  • non se poderá ter acceso a ningún dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información, salvo que o propio deseño da proba así o esixa (e neste caso so poderá usarse esta conexión co exterior e/ou o almacenamento de información para os fins marcados polos docentes). Poderá ser denegada a entrada á sala de exame con este tipo de dispositivos. 

  • Salvo aviso previo do contrario, tampouco está permitido o uso de calculadoras durante la realización das probas presenciais. 

Convocatoria adiantada de decembro: Realizarase un exame que valerá dez puntos. 

Para a segunda oportunidade:

-manterase a nota de avaliación continua (traballos tutelados e proba de resposta múltiple).  

- Farase unha proba mixta presencial (na data aprobada polo centro) de características análogas ás da primeira oportunidade que suporá o 60% restante da cualificación da oportunidade. 

Os alumnos que teñan recoñecida a dedicación a tempo parcial ou con exención de asistencia seguirán o mesmo sistema de avaliación que os que están a tempo completo 

Plataforma virtual: Para seguir a materia e obter todos os materiais básicos dela, usarase o campus virtual da UDC (moodle). Así mesmo, se o profesorado o considera apropiado, poderá usarse a plataforma do departamento Moebius http://moebius.udc.es . Neste caso facilitaráselle a cada estudante un nome de usuario e un contrasinal persoal, xunto coa información precisa para acceder a esta plataforma virtual. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes