Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Historia da Empresa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A3 A11 A13 A16 A17 A18 A19 A22 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C2 C4 C6 Incluen as prácticas con material cuantitativo y cualitativo que serán avaliadas cunha proba ao longo do primeiro cuatrimestre. O calendario da proba facilitarase ao comezo do curso. 30
Presentación oral A1 A4 A17 A18 A19 A20 A21 B1 B2 B3 B4 B8 B9 B14 C1 C3 C6 Esta presentación correspóndese coa realización, exposición e discusión dun traballo individual durante o primeiro cuatrimestre, basado no material gráfico-estatístico ou teórico que os docentes facilitarán aos estudantes e que estos deberán analizar a partires de consultas bibliográficas (realizadas individualmente na biblioteca universitaria). O calendario da entrega do traballo e da súa exposición facilitarase durante as primeiras semanas do curso. 30
Proba obxectiva A21 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B13 B14 C1 C2 C6 Consistirá na realización dun examen escrito sobre os contidos teóricos do programa na convocatoria oficial da primeira oportunidade. Valoraráse a capacidade de expresión, o manexo e o dominio do vocabulario específico, a capacidade analítica e sintética e, por suposto, o coñecemento dos contidos do programa. 40
 
Observacións avaliación

Normativa de avaliación:

  • Está prohibido acceder á aula do exame/probas con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenaxe de información.
  • É necesario que cada alumno que desexe realizar as probas se identifique correctamente co D.N.I. na aula onde se vaia realizar a proba (ten que acreditar a súa identidade de acordo coa normativa vixente).

A cualificación de non presentado corresponde ao alumno, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificaciónalcanzada.

Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico compatible coa súa dedicación sempre e cando ese calendario estea integrado na franxa horaria das exposicións ou probas prácticas da clase do grupo asinado ó estudante (porque a proba práctica e a exposición do traballo teñen lugar de maneira presencial diante do resto do estudantado no horario lectivo do grupo de clase no que se atope o alumno). O estudante que se atope nestas circunstancias debe poñerse en contacto cos seus docentes vía correo electrónico antes do 30 de setembro de 2020. Así mesmo, recordamos que non se require asistencia obrigatoria á materia, salvo para as probas e a exposición dos traballos que si requiren a presenza física do estudante, sempre e cando desexe ser avaliado neses ítems.

Por tanto, todos os estudantes, incluídos os que teñan recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, poderán superar a materia obtendo polo menos 50 puntos dos 100 totais entre todas as probas do curso. Aqueles estudantes que non poidan acudir ás probas do curso con motivo debidamente xustificado (xustificado cos certificados correspondentes para os casos que contempla a normativa académica -caso de enfermidade ou accidente, por exemplo-), poderán realizar as mesmas noutra ocasión que lles será comunicada tendo en conta o sinalado polo regulamento académico.

Respecto á convocatoria da segunda oportunidade e a da extraordinaria adiantada, ámbalas dúas consistirán na realización dunha proba obxectiva cun valor máximo do 70% da nota final. A puntuación obtida nesta proba engadirase á cualificación que o/a estudante obtivera, ou ben na proba práctica do primeiro cuadrimestre, ou ben no traballo do curso do primeiro cuadrimestre (seleccionarase só unha desas notas, a maior obtida polo alumno/a). Na convocatoria adiantada, se o estudante carece de nota de avaliación continua durante o curso 2020/21, engadirase a puntuación obtida á da avaliación continua do curso inmediatamente anterior. En calquera caso, en ámbalas dúas oportunidades, aínda que non teñan nota de avaliación continua, os estudantes poderán superar a materia nas citadas oportunidades obtendo 5 puntos dos 7 potenciais.

Non se esixe asistencia obrigatoria a clase. Porén, recoméndase a asistencia a clase dende o primeiro día, aínda que o estudante estea pendente de completar o proceso de matrícula, xa que o calendario da avaliación fixado aos inicios do curso (para cada apartado anterior) é independente da data de matrícula individual do alumno.

Para superar a materia, o alumno debe obter polo menos 50 puntos dos 100 totais.

Os estudantes deben consultar obrigatoria e frecuentemente a plataforma virtual da materia (moodle), onde o/a docente coloca a información máis relevante da mesma. Ademais, os estudantes deben subir unha foto actualizada ao seu perfil de moodle para a súa correctaidentificación.

A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia serán solicitados en formato pdf a través da plataforma Moodle nas condicións que os docentes sinalarán ó inicio do curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes