Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Historia da Empresa
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

A materia non esixe requisitos previos. Non obstante, considéranse recomendables algúns prerrequisitos e coñecementos previos: coñecementos de Historia Universal, estar familiarizado con conceptos básicos de Economía e de Empresa, así como coñecementos do programa Word ou outro procesador de textos a nivel de usuario para a realización dos traballos. 

Recoméndase familiarizarse co funcionamento da biblioteca universitaria (uso do catálogo e os servizos que ofrece a biblioteca) de cara a realización do traballo do curso.

Así mesmo, recoméndase dispoñer dun ordenador personal con cámara e conexión a internet estable en caso de que a situación sanitaria empeore e se ordene un novo confinamiento. Tamén recordamos que a Facultade de Economía e Empresa dispón de aulas informáticas con ordenadores para o estudantado (véanse máis detalles na web da Facultade sobre o seu uso).

Recordamos que o alumnado terá a obriga de consultar con regularidade a páxina de moodle da materia, pois será a vía que o/a docente utilizará para subir información sobre todos os aspectos relacionados coa materia. Ademais, o estudantado deberá subir unha foto actualizada ao perfil do moodle para a súa correcta identificación.

A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia serán solicitados en formato virtual e/ou soporte informático. A entrega realizarase a través de Moodle en formato dixital, sen necesidade de imprimilos.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sostibilidade e nos comportamentos persoais e profesionais. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas; de igual xeito, influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

Facilitarase a plena integración do alumnado que, por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes