Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Economía da Empresa: Función Financeira
   Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Solución de problemas
Descrición
As titorías desenvolveranse en formato telemático e previa petición de cita por correo electrónico. Son aplicables os límites que sinala a normativa de dedicación docente do profesorado da UDC e o dereito á desconexión dixital previsto na LO 3/2018.
En tanto o permitan a capacidade do equipo docente e os medios dispoñibles, tratarase de prestar atención individualizada ós alumnos con dificultades xustificadas por corentena ou enfermidade, sen perxuízo dos dereitos e obrigas previstos na normativa académica canto ás datas e a forma en que se deben desenvolve-las probas de avaliación.
Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia poden propoñer, durante a primeira semana lectiva do cuadrimestre, un horario de atención compatible coa súa dedicación, se existiren razóns obxectivas que lles impidan asistir no horario ordinario.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes