Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Economía da Empresa: Función Financeira
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A10 A13 A14 A15 A18 A20 A21 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Durante o cuadrimestre, e como parte da actividade académica do grupo, realizarase un conxunto de actividades de carácter mixto e contido teórico-práctico, algunhas delas de carácter puntuable.
A primeira oportunidade consistirá nunha avaliación continua (EC), de 0 a 10 puntos, a partires das tarefas que se definan como puntuables, sen exame final. Descartarase a actividade puntuable con peor cualificación cualificación e o resto promediarase aplicando as ponderacións que se indiquen, o no seu defecto, calculando unha media simple.
A cualificación da segunda oportunidade calcularase sobre un máximo de 8 puntos promediando un exame final comprensivo de tódolos obxectivos e competencias da materia (4 puntos), e a EC (4 puntos), que incluirá unha recuperación para tódalas probas puntuables cualificadas con suspenso no seu momento, e so UNHA das non realizadas; nesta segunda oportunidade tomarase o mellor resultado (cuadrimestre ou recuperación) de cada unha desas probas de EC, sen descartar ningunha.
En ámbalas dúas oportunidades, as probas non realizadas computaranse a efecto de cálculo cun cero, coas únicas excepcións previstas na normativa académica da UDC e nesta guía.
Os alumnos con dispensa de asistencia seguirán o programa xeral de avaliación en ámbalas oportunidades.
A oportunidade adiantada avaliarase a partir dun exame teórico-práctico sobre 10 puntos, comprensivo de tódolos contidos e competencias propios da materia segundo a guía do curso inmediatamente anterior.
100
 
Observacións avaliación

Datas e formato das actividades avaliables: sen perxuízo das
datas que a Facultade poida sinalar no calendario oficial de exames, as que
configuran a avaliación continua realizaranse no momento, formato e condicións
que decida o equipo docente, considerando as necesidades da metodoloxía
aplicada en cada momento, e o traballo que está realizando o grupo. Poden ser
presenciais ou deslocalizadas, en formato papel ou electrónico, individuais ou
grupais, e en todo caso forman parte da dinámica académica ordinaria, de
maneira que non está garantido que a súa realización sexa advertida con
antelación.

Criterios específicos para as actividades realizadas por
medios electrónicos: deben ser accedidas, realizadas e entregadas nos prazos e
condicións que se indiquen en cada caso. Enténdense realizadas se os rexistros
das plataformas amosan que se accedeu a elas, con independencia de que se
graven ou non respostas, e se ou non a entrega. De se omiti-la confirmación, a
actividade entenderase entregada en branco e cualificarase cun cero. O incumprimento
das normas da proba suporá a expulsión dela, cunha cualificación de cero na
mesma e, no seu caso, a incoación de expediente por fraude conforme á normativa
académica. Isto aplícase, en particular, ó acceso extemporáneo ás probas
telemáticas.

Dispoñibilidade de recursos técnicos: o equipo docente pode
decidir que as probas, tanto presenciais como deslocalizadas, se realicen en
soporte electrónico. Os alumnos son responsables de dispoñer dos medios
necesarios para accederen a recursos electrónicos e no seu caso realizaren unha
avaliación neste formato. Se carecer deles, poden consultar á UDC a
posibilidade de que lles sexan facilitados.

Cualificación de non presentado: corresponde ó alumno, cando
so participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ó
20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación lograda.

Idiomas: a opción por un idioma concreto para a realización
das probas de avaliación deberá realizarse por escrito e dentro da primeira
semana lectiva del cuadrimestre en que se imparte la materia, e será atendida
na medida en que as posibilidades técnicas e organizativas o permitan.

Uso de recursos TIC: os dispositivos e aplicacións que
permitan comunicación, almacenamento e/ou uso compartido de datos deben permanecer
inactivos e fóra da vista, a menos que o seu uso estea xustificado pola actividade
académica e exista autorización previa por parte dos profesores. Enténdese
activo calquera servizo dispoñible en segundo plano e/ou habilitado para
recibir notificacións, mensaxes ou acceso a recursos compartidos dende ou cara
a terceiros; por tanto, os alumnos son responsables de pechalos ou
inhabilitalos cando o seu emprego non estea xustificado nos termos anteriores. O
incumprimento destas normas implicará a expulsión da proba, unha cualificación
de cero, e no seu caso a incoación de expediente por fraude académica.

Identificación: os alumnos deben acreditar fehacientemente a
súa identidade dacordo coa normativa vixente, empregando os medios adecuados en
cada circunstancia

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes