De acordo coas recomendacións feitas debido á crise de saúde provocada polo Covid-19, o sistema de avaliación da materia basearase ao 100% na avaliación continua. De maneira que os estudantes serán calificados en base aos seguintes criterios de avaliación: 1) realización e entrega de exercicios e prácticas levadas a cabo nos talleres (50% da calificación); b) exposición oral dalgunhas das actividades realizadas (20% da calificación); c) elaboración dun traballo final sobre parte dos contidos teóricos da materia (30% da calificación).
Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación, polo que os estudantes terán a oportunidade de aprobar e acceder ao 100% da nota do curso en cada unha das oportunidades de avaliación.
Calificación de non presentado: Corresponde ao alumno cando só participa en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% na nota final, independentemente da nota obtida.
Estudantes con recoñecemento de dedicación parcial e exención de asistencia á exención de asistencia: o alumno deberá comunicarlle esta circunstancia á profesora ao comezo do curso para establecer un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.
Sistema antiplaxio: a profesora resérvase o dereito de non avaliar os traballos que presenten plaxio no seu contido (todas as actividades presentadas no marco da materia someteránse ao programa antiplaxio Turnitin).