O Sistema Financeiro Español experimentou unha importante evolución nos últimos anos, en todo o que concirne á configuración das distintas institucións, mercados, produtos financeiros e estratexias competitivas entre os distintos intermediarios. O obxectivo desta materia é analizar a actividade financeira entre os distintos axentes económicos, cuxa contrapartida son os instrumentos financeiros. Complementario do anterior describiranse as características dos mercados financeiros e o seu funcionamento.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Ningunha.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas.
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Clase maxistral:
En función das circunstancias, será impartida, total ou parcialmente, a través de Teams, ou ben reemplazada, total ou parcialmente, por atención online a través do Campus Virtual da UDC.
-Estudo de casos:
Levarase a cabo mediante o Campus Virtual da UDC.
-Proba mixta:
Realizarase a través do Campus Virtual da UDC e tódalas preguntas serán tipo test.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico e Campus Virtual da UDC (atención asíncrona).
- Teléfono e Teams (atención síncrona).
4. Modificacións na avaliación
Ningunha, en canto ó peso dos distintos items dela. As modificaciòns só afectan á instrumentación da avaliación (véxase punto 2 anterior).
*Observacións de avaliación:
Ningunha.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha. Nembargantes, facilitarase, a través do Campus Virtual da UDC, material complementario de apoio ó alumnado.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías