Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Análise de Estados Financeiros
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A2 A10 A14 A23 C1 Exame teórico-practico. 40
Solución de problemas A1 A2 A10 A14 A23 C1 C3 C6 Solución de casos prácticos, que poderán ser presentados oralmente. 30
Sesión maxistral A2 A3 A7 A9 A10 A12 A14 A23 B14 B13 B12 B11 B10 B9 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C2 C4 C5 C6 C7 C8 Puntuarase a realización de tarefas e probas aleatorias de avaliación. 30
 
Observacións avaliación

Os cuestionarios de exame se redactarán inicialmente en castelán. Os alumnos que desexen un enunciado en galego deberán solicitalo con unha antelación mínima de 15 días. 


Condicións de realización das probas mixtas:

Está prohibido acceder a aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior, ou almacenamento de información. As faltas de disciplina implicarán que o alumno deberá realizar oralmente as probas de avaliación.

Os casos prácticos deberán ser entregados ao longo do curso, dentro dos prazos marcados polo profesor. 


Cualificación de non presentado. Corresponde ao alumnado, cando solo participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación non superior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación obtida. 

Sesión maxistral: ata 3 puntos por tarefas e probas aleatorias de avaliación individual.

Resolución de problemas Pódense engadir ata 3 puntos para a realización e presentación oral ou por escrito de prácticas individuais ou de grupo. Con este fin, os cuestionarios propostos polo profesor deben cumprimentarse e entregar no prazo establecido.

Probas mixtas

A primeira proba (exame) avaliará os temas 1 a 5, e se realizará inmediatamente despois de completar eses temas (outubro ou novembro). A puntuación máxima será de 2 puntos. A segunda proba se corresponde co exame final, no que se avaliará toda a materia. A puntuación máxima será de 4 puntos. Os alumnos que aprobaran a primeira das probas obxectivas (un mínimo de 1 punto sobre o máximo de 2 puntos) conservarán a nota acadada na primeira probal como nota mínima nesta parte do temario, no exame final da primeira oportunidade.

Na segunda oportunidade, para poder recuperar a avaliación
continua da primeira oportunidade, tomarase a maior entre:

a) Cualificación acadada ao longo do curso nas metodoloxías
sesión maxistral e solución de problemas (avaliación continua, 60%); máis a cualificación acadada na proba mixta da segunda oportunidade (40%). 



b) Exclusivamente pola calificación acadada na proba mixta
da segunda oportunidade (100%)
Avaliación adiantada
No caso de que ao alumno se lle conceda unha oportunidade de "avaliación adiantada", e soamente neste caso, realizarase unha proba oral e/ou escrita encamiñada a avaliar todas as competencias e contidos propios da materia.
 

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:
Agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá poñerse en contacto co profesor da materia nos primeiros dez días do cuadrimestre en que a materia se imparte, coa finalidade de fixar o devandito calendario. As probas terán o mesmo formato que para os alumnos con dedicación a tempo completo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes