Estudo das técnicas histolóxicas ou conxunto de operacións a que se somete unha mostra biolóxica, a fin de que sexa posible o seu estudo microscópico, posibilitando a observación de estruturas non visibles a simple vista.
Plan de continxencia
No caso de ter que realizar toda a docencia na modalidade a distancia, farase a seguinte adaptación da guía docente:
PRÁCTICAS DE LABORATORIO. Faranse de modo virtual a través de supostos ou casos prácticos que o/a estudante debe resolver.
SESIÓN MAXISTRAL. Impartirase a través da plataforma informática de videoconferencia.
PROBA DE RESPOSTA MÚLTIPLE. Farase a distancia a través de MOODLE.
As demais metodoloxías (ANÁLISE DE FONTES DOCUMENTAIS e TRABALLO TUTELADO) non experimentarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías