Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (semipresencial)
 Asignaturas
  Estancia nun Grupo de Investigación
   Contidos
Temas Subtemas
A estadía desenvólvese nos laboratorios do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC) e/ou do Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña (INIBIC).
A persoa coordinadora do mestrado é a responsable da asignación, organización e titorización de cada estadía en colaboración co/oa investigador/a principal de cada grupo de investigación.
Para realizar a estadía, cada estudante debe elixir unha das liñas de investigación propostas a continuación, que se publican ao inicio de cada curso académico na páxina web da Facultade de Ciencias da Saúde (http://www.fcs.udc.gal/p/mestrado-universitario-en-asistencia-e.html), no documento Horarios Fundamentos de Investigación Biomédica:
1. Banco de tecidos
2. Bases xenéticas das miocardiopatías
3. Biomarcadores en insuficiencia cardíaca e trasplante cardíaco
4. Comunicación e sinalización celular: enfermidades da pel e mama
5. Control neuroendocrino da obesidade
6. Dano orixinado no ADN por axentes mutáxenos.
7. Dano e reparación tisular en enfermidades asociadas ao envellecemento. Efectos dunha dieta antioxidante
8. Estudio da implicación do sulfuro de hidróxeno en enfermidades crónicas
9. Xenómica: ferramenta para descubrir os mecanismos de enfermidades complexas
10. Enxeñería tisular e terapia celular
11. Mecanismos moleculares de resistencia a antibióticos.
12. Progresión tumoral e metástase.
13. Proteómica: patoxénese e terapia da artrose. Biomarcadores en fluídos biolóxicos
14. Terapia celular e medicina rexenerativa
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes