Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Terapia Ocupacional
 Asignaturas
  Terapia Ocupacional para a Autonomía Persoal na Infancia e na Adolescencia
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Psicoloxía II/653G01203
Pediatría, Psiquiatría e Rehabilitación Infanto-xuvenil/653G01205

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Estancias Prácticas III/653G01211

Materias que continúan o temario

Observacións

1.- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "IV Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2020-2022)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a.- Na súa maioría se solicitarán en formato virtual e soporte informático.

b.- De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- A docente responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou outros aspectos que serán notificados aos estudantes coa suficiente antelación. No caso de non presencialidade pola normativa en materia de COVID 19, levaráse a cabo o plan de continxencia.

3.- Durante o período lectivo da materia, e sen que supoña unha alteración na asistencia do alumnado a outras actividades académicas, poderán programarse seminarios ou obradoiros de carácter optativo para afondar en certos contidos e técnicas moi específicas que complementan o desenvolvemento da materia.

4.- A docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da UDC ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un/unha estudante da materia no desenvolvemento dos seus traballos. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes