Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Saúde |
Grao en Terapia Ocupacional |
Asignaturas |
Terapia Ocupacional, Técnicas Ortoprotésicas e Desempeño Ocupacional |
Metodoloxías |
|
|
|
Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Terapia Ocupacional, Técnicas Ortoprotésicas e Desempeño Ocupacional | Código | 653G01208 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | A clase maxistral é tamén coñecida como "conferencia", "método expositivo", ou "lección maxistral". Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. Esta metodoloxía e os seus contidos están relacionados coas competencias específicas reflectidas no programa. As sesión das clases maxistrais serán gravadas e posteriormente almacenadas no espazo do equipo TEAMS da materia. Permitirase estar na aula visualizando a sesión maxistral a aqueles estudantes que teñan a súa práctica de laboratorio a continuación de dita sesión. |
Prácticas de laboratorio | Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións. Relacionadas fundamentalmente coas competencias xenéricas e específicas reflectidas no programa. |
Proba mixta | Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Relacionadas fundamentalmente coas competencias específicas reflectidas no programa. |
Aprendizaxe servizo | Actividade que integra o servizo á comunidade coa aprendizaxe de contidos e a adquisición de competencias a partires da práctica reflexiva. A principal diferencia co voluntariado reside en que os proxectos de ApS dan resposta sempre a resultados de aprendizaxe asociados a unha materia do currículo académico co obxectivo de acadar determinadas competencias propias da titulación na que se enmarca esa materia. Permite adquirir as competencias específicas reverenciadas nesta materia. Ó longo do cuadrimestre os docentes da materia ofrecerán oportunidades ós estudantes para participar nesta metodoloxía, en colaboración con diferentes entidades sociais sen ánimo de lucro, segundo a normativa e restricións vixentes da situación sanitaria. |
Actividades iniciais | Actividades que levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativas, que partan dos saberes previos do alumnado. Permite adquirir competencias específicas e xenéricas de inicio e adaptación previamente á as competencias asignadas nesta materia. |
|