Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Saúde |
Grao en Terapia Ocupacional |
Asignaturas |
Educación para a saúde: psicoloxía da saúde e cuidados básicos |
Resultados de aprendizaxe |
Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Educación para a saúde: psicoloxía da saúde e cuidados básicos | Código | 653G01408 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Resultados de aprendizaxe | Competencias / Resultados do título | ||
Adquirir os coñecementos, actitudes e habilidades imprescindibles para actuar ante unha situación de emerxencia; que entraña risco vital ou non, producida como consecuencia dun accidente ou enfermidade repentina; até a intervención dos equipos de emerxencia sanitaria. | A6 A13 A15 |
B2 B5 B6 B7 B12 B13 B14 B15 |
|
Coñecer os aspectos máis importantes de educación e saúde ante situacións de risco, así como temas específicos da metodoloxía en educación para a saúde. | B1 B3 B4 B8 B9 B12 B17 B18 B24 B28 |
||
Integrar os coñecementos teóricos adquiridos na realización daqueles procedementos máis usuais relacionados cos coidados básicos na atención de urxencia. | B16 B21 B23 B27 |
||
Coñecer as bases da Psicoloxía científica e explicar a relación entre a psicoloxía, a saúde e o benestar. | A1 |
B2 |
|
Traballar na sociedade con individuos e grupos para fomentar desde a Psicoloxía a promoción da Saúde e a prevención, segundo os principios da práctica centrada no cliente. | A6 A13 A15 A34 |
B6 |
|
Adquirir habilidades básicas para analizar e modificar condutas no ámbito laboral, aconsellando a clientes, traballadores, membros do equipo interdisciplinar e fundamentar a actuación clínica e cotiá en códigos éticos e de respecto interprofesional. | A15 A16 A17 A21 A23 |
B7 B13 B14 B15 |
|
Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. | C1 C3 C4 C6 C7 C8 |
|