Recomendacións para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sostible ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":
1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos
2.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais
3. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
ADAPTACIÓN DE PRESENCIALIDAD Á SITUACIÓN EPIDEMIOLÓXICA:
Todas as actividades presenciais, realizaranse con asentos preasignados, máscara e ventilación. Non estará permitido o consumo de alimentos e bebidas, asegurando que se cumpran as medidas de prevención e hixiene da Facultade, establecidas e publicadas en: https:// udc.es/é/ fep/coronavirus/
No caso de que o grupo de docencia maxistral chegue a superar as indicacións do aforo da aula, estableceranse grupos rotatorios de docencia híbrida, onde os estudantes que non caiban na aula seguirán esa semana a docencia de forma telemática e á seguinte de forma presencial, sendo outro grupo o que a realice de forma telemática, segundo planificación establecida polo docente da materia.
|