Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo
 Asignaturas
  Aloxamentos e Restauración II
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Aloxamentos e Restauración II Código 662G01022
Titulación
Grao en Turismo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Rivas Iglesias, Carlos Alberto
Correo electrónico
c.rivas@udc.es
Profesorado
Rivas Iglesias, Carlos Alberto
Correo electrónico
c.rivas@udc.es
Web
Descrición xeral A materia de Aloxamentos e Restauración, esta dividida en dúas partes: Aloxamentos e Restauración I e Aloxamentos e Restauración II. Aloxamentos e Restauración II ten por obxecto a explotación e dirección das distintas empresas de restauración hoteleira e extra-hoteleira, aplicando as teorías propias da xestión empresarial. Introdución aos procedementos operativos asociados á devandita xestión. Visión individual e de conxunto do funcionamento, estrutura e organización, dos diversos departamentos das Empresas de restauración para unha xestión eficiente.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non hai cambios. 2. Metodoloxías Metodoloxías docentes que se manteñen - Traballo tutelado en equipo (máx. 5 persoas) - Traballos individuais - Prácticas Clínicas - Proba Obxectiva Metodoloxías docentes que se modifican - “SESIÓN MAXISTRAL”, substitúese a presenza física do profesor/a por a presenza virtual vía Microsoft Teams. Así mesmo, abrirase un foro de dúbidas en Moodle e colgaranse pequenos vídeos titoriais na devandita plataforma e en Stream. - “TRABALLOS TUTELADOS”, substitúese a exposición presencial dos mesmos polo alumnado, pola exposición a través de Microsoft Teams. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Ferramenta: Moodle, Microsoft Teams, Stream e Correo electrónico. En canto á temporización: o alumnado pode contactar co profesor/a, tanto en horas de clase como fóra delas, para concertar titorías, xa que está a súa disposición. 4. Modificacións na avaliación Metodoloxía/ Peso na cualificación/ Descrición - Traballo en equipo / 20% / Traballo tutelado en equipo (máx. 5 persoas). - Traballo individual / 20% / Traballo tutelado individual. - Prácticas Clínicas / 5% / Prácticas individuais - Proba Obxectiva / 55% / No conxunto das partes (20%, 20%, 5% e 55%), o alumnado deberá obter unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10. Con todo, non se considerará superada a materia, se non se obtén un mínimo de puntuación de 0,5 sobre 2 puntos totais, tanto no Traballo en equipo como no Traballo individual, e un mínimo de 2,25 puntos sobre 5,5 puntos totais na Proba Obxectiva. No caso de que o alumnado non entregue algún dos Traballos tutelados ou non chegue á nota mínima esixida, ou non realice (por causa imputable a el) ou non supere satisfactoriamente as Prácticas Clínicas, a Proba Obxectiva terá un peso na cualificación do 100%, é dicir, que para superar a materia, precisásese obter 5 puntos sobre 10 na mesma. Caso de que o alumnado entregase os Traballos tutelados, pero non puidese realizar as Prácticas Clínicas por causas non imputables a el, o peso da avaliación será: 1) Traballos en equipo 20% (puntuación mínima esixida de 0,5 puntos sobre 2 totais) 2) Traballos individuais 20% (puntuación mínima 0,5 puntos sobre 2 totais) 3) Proba Obxectiva 60% (puntuación mínima esixida de 2,5 puntos sobre 6 puntos totais). O alumnado que non se presente á Proba Obxectiva, será cualificado cun "NP" (Non Presentado), aínda no caso de tener feito, presentado e exposto Traballos tutelados ou outras actividades que computen na avaliación. Observacións de avaliación: A entrega dos traballos realizarase a través da plataforma Moodle. Na Segunda Oportunidade, o alumnado deberá entregar, a través da plataforma Moodle, un Traballo individual sobre un tema proposto polo profesorado, cun peso na cualificación do 100%, caso de non realizar (por causa imputable ao alumnado) e superado as Prácticas Clínicas, é dicir, que para superar a materia, precisase obter 5 puntos sobre 10 no traballo. Se realizou e superou as Prácticas Clínicas no presente ou precedentes cursos, o peso do Traballo individual será do 95% (9,5 puntos sobre 10) e o das Prácticas Clínicas un 5% (0,5 puntos sobre 10) O alumnado que non presente o Traballlo individual será cualificado cun "NP" (Non Presentado). 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes