Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos
 Asignaturas
  Deseño Narrativo
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Deseño Narrativo Código 730529003
Titulación
Máster Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
López Garrrido, Mercedes Marina
Correo electrónico
mercedes.lopez@udc.es
Profesorado
López Garrrido, Mercedes Marina
Correo electrónico
mercedes.lopez@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta asignatura afondaremos nos elementos, técnicas e factores a ter en conta á hora de crear a parte narrativa dun videoxogo: historia, trama, tema, personaxes, guión, experiencia de xogo, xéneros...Ademais, coñeceremos os termos imprescindibles da linguaxe narrativa e os recursos á nosa disposición para levar a cabo o deseño narrativo dun videoxogo.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Todas *Metodoloxías docentes que se modifican A presentación oral poderia facerse gravada en diferido sempre que, por causas xustificadas, o estudantado tivese dificultades para a conexión e defensa do proxecto final coa solvencia requerida. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. Moodle: Diariamente mentres dure a docencia da materia. Segundo a necesidade do alumando e os exercicios planteados nas clases. Dispoñen  de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias e, de ser o caso “foros de actividade específica”. Teams: posibilidade dunha sesión semanal de toda a clase, para o desenvolvemento de contidos teóricos e prácticos na franxa horaria sinalada a materia no horario. Asemade no horario oficial de titorías haberá a posibilidade de establecer interaccións individuais e grupais nesta plataforma para o seguimiento e apoio dos trabalos tutelados. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación Ningunha *Observacións de avaliación: A única modificación na avaliación estaría vinculada á presentación oral do proxecto final, en tanto a súa “virtualización” faría precisa a atención a algún aspecto non tido en conta de ser presencial. En calquera caso, os criterios de valoración sinalaranse no momento de presentación da actividade. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes