Soamente se cualificará como NON PRESENTADO quen non concorra a
ningunha das probas mixtas.
Admítese a dispensa académica nos termos establecidos no punto 5 do
artigo 7º da "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a
permanencia e a progresión dos estudantes de grao e máster universitario na
universidade da Coruña”, aprobada polo Consello Social do 04/05/2017. Polo
tanto, quen teña recoñecida a dispensa académica avaliarase en primeira
oportunidade utilizando o mesmo sistema que o resto do alumnado, é dicir,
traballo tutelado 10% + proba mixta 90%.
Na 2ª oportunidade non será posible a avaliación continua polo que
a cualificación do traballo será a recibida na 1ª oportunidades e a proba mixta
consistirá nunha única proba que se realizará na data establecida para a proba
final no calendario de exames do centro.
Na convocatoria adiantada non existe posibilidade de realizar o
traballo tutelado polo que se realizará unha única proba mixta, na data
establecida pola dirección do centro, que supoñerá o 100% da cualificación.
A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso 0 na materia, na
convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en
todas as actividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria.