Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Mecánica de fluídos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A7 B5 C4 Na modalidade presencial na aula, a profesora pedirá as alumnas ou alumnos presentes que resolvan exercicios de entre os propostos na colección ou de dificultade semellante. 10
Prácticas de laboratorio A7 B5 C4 A asistencia as prácticas de laboratorio e a realización das follas de cálculo e as memorias individuais de prácticas é obrigatoria.

Cada alumna ou alumno, deberá realizar obrigatoria e individualmente, unha memoria de cada práctica. Xunto coas memorias, cada alumna ou alumno, realizará e presentará unha folla de cálculo, realizada de forma individual, que acredite o cálculo (incluíndo os resultados intermedios) que levan aos resultados reflectidos na memoria.

A nota conxunta das memorias e das follas de cálculo terá que ser de 5 sobre 10 para que as prácticas estean aprobadas.

As memorias e as follas de cálculo incompletas ou presentadas fóra de prazo serán consideradas como prácticas non realizadas.

Poderase facer unha proba na que as e os estudantes resolverán casos de entre os vistos nas prácticas. Unha cualificación de 5 nesta proba, será necesaria para aprobar as prácticas. Neste caso, a cualificación das prácticas sería a media da obtida polas memorias (xunto coas follas de cálculo), e a proba. A proba poderá ser oral. A data ou datas poderán coincidir coas datas das probas mixtas.

As prácticas poderanse conservar durante os dous cursos seguintes ao de realización sempre que o alumno teña entregadas as memorias completas e as follas de cálculo, nos prazos marcados.

No caso de fraude, incongruencia entre as memorias e/ou incongruencias nas follas de cálculo a cualificación das prácticas será 0. Esta nota non será emendable mediante a presentación de novas follas de cálculo ou memorias dentro do curso, nin para a convocatoria adiantada xa que a materia impártese no segundo cuadrimestre. Así, o alumno ou alumna terá que realizar as sesións de laboratorio dentro da programación do curso seguinte.






10
Proba mixta A7 B6 C4 Realizarase unha proba parcial a metade do curso, e outra proba final, na data oficial da primeira oportunidade.

As probas poderán ser escritas, ou ben orais.

Cada unha das probas poderá constar de varias partes que poderán incluír cuestións de teoría, exercicios simples de aplicación dos conceptos teóricos desenvolvidos en clase, problemas longos, o outro tipo de cuestións.

Se a nota da proba parcial é superior a 4 sobre 10, poderase liberar a primeira parte da materia para o exame final. Neste caso, ponderaranse ambas as probas ao 50%. A liberación da materia estenderase até a proba da segunda oportunidade do mesmo ano.

No caso de que a primeira parte da materia estea liberada, para aprobar a materia é necesario obter polo menos un 4 sobre 10 na nota de cada proba, e polo menos un 5 sobre 10 na media das notas das probas mixtas.

A proba mixta final farase coincidir co exame final, na data oficial da primera oportunidade. Nela, os alumnos que non teñan liberada a parte correspondente ao parcial, examinaranse de toda a materia. Neste caso para aprobar a materia é necesario obter polo menos un 5 sobre 10.
80
 
Observacións avaliación
  1. A segunda proba mixta se fará coincidir coa proba final, na que as alumnas  e os alumnos que non teñan liberada a parte correspondente á primeira proba mixta, examinaranse de toda a materia.
  2. Os criterios de avaliación da 2º oportunidade son os mesmos que na 1º oportunidade.
  3. Os criterios de avaliación da convocatoria adiantada son os mesmos que na 1º oportunidade.
  4. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará, directamente, a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondiente (todas as oportunidades), invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación cara á 2ª oportunidad e á convocatoria adiantada.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:

  •  Deberá realizar obrigatoriamente:
    • As prácticas de laboratorio, asistindo ao laboratorio para a toma de datos, as follas de cálculo e as memorias individuais
    • A proba mixta final
  • O peso da metodoloxía "solución de problemas" se engadirá ao da proba mixta, que inclúe resolución de problemas. 
  • Os criterio de avaliación da 2ª oportunidade e da convocatoria adiantada son os mesmos que na 1º oportunidade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes