O propósito desta materia é ofrecer unha introdución á análise económica rexional a través de modelos de Economía Xeográfica ou Nova Xeografía Económica (NEG) para explicar a distribución da actividade económica no espazo.
A materia abarcará desde o punto de vista teórico a discusión sobre a importancia da xeografía na teoría económica e fará unha descrición detallada da estrutura e dos principais resultados do chamado modelo básico de economía xeográfica (modelo Centro-periferia). A parte empírica do curso centrarase na presentación de material que está na fronteira da investigación en relación coas cuestións centrais que xorden das predicións teóricas do modelo centro-periferia da economía xeográfica; estimación da ecuación nominal de salarios, explicación da distribución espacial do capital humano, análise da relación entre aglomeración e competencia fiscal e explicación dos fluxos migratorios
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
– Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
– Todas. As sesión presenciais reconverteranse a sesións virtuais.
*Metodoloxías docentes que se modifican
– As clases maxistrais serán virtuais.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
– Conferencia virtual dúas veces por semana durante o período de aulas.
– Titoría persoal por conferencia virtual e correo electrónico cando sexa necesario.
4. Modificacións na avaliación
– Ningunha
*Observacións de avaliación:
– Ningunha
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
– Ningunha
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías