O obxectivo desta materia céntrase en identificar e expor os elementos fundamentais para definir e implantar proxectos de carácter público. Para iso profundarase no coñecemento das metodoloxías de formulación, planificación, xestión, seguimento e financiamento de tales proxectos. O obxectivo é trasladar ao alumno que a actuación pública estruturada en proxectos, plans e orzamentos é fundamental para conseguir unha xestión eficiente dos recursos e a consecución dos obxectivos específicos previamente formulados.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos: non habería ningunha modificación nos contidos.
2. Metodoloxías
- Metodoloxías de ensino que se manteñen: todas as previstas no plan inicial, pero no escenario de ensino virtual desenvolveríanse en liña.
- Metodoloxías de ensino modificadas: todas as previstas no plan inicial desenvolveríanse en liña no escenario virtual de ensino.
3. Mecanismos de atención personalizada aos estudantes: levaríanse a cabo en liña en todos os escenarios contemplados (incluído o presencial).
4. Modificacións na avaliación: a avaliación tería lugar en liña.
5. Modificacións da bibliografía ou webografía: non habería modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías