É recomendable ter coñecemento de inglés, especialmente en comprensión lectora, xa que parte do material entregado na clase e a meirande parte da bibliografía están nesa lingua.
A avaliación consistirá da suma ponderada das calificacións acadadas no desenvolvemento das prácticas TIC (0.10), do traballo individual (0.65) e do exame escrito (0.25). Unha participación activa na clase é tamén desexable.
Na segunda oportunidade (extraordinaria de xullo), o peso das prácticas a través de TIC e dos traballos tutelados (avaliación continua) será o mesmo que na avaliación ordinaria (primeira oportunidade). Específicamente, na segunda oportunidade realizarase un exame escrito e a cualificación final será a máxima das tres cantidades que seguen: (i) a nota da avaliación ordinaria, (ii) a nota do novo exame, e (iii) a media ponderada do novo exame a da avaliación continua.