Normativa de avaliación:
Está prohibido acceder á aula con dispositivos que permitan a comunicación co exterior e almacenamento de información. O estudante debe acreditar a sua personalidade conforme á normativa.
Proba mixta: Na resposta ás preguntas do bloque teórico que esixan desenvolver por escrito a resposta, valoraranse especialmente, además dos coñecementos, as capacidades de análise e síntese do alumno. Na parte práctica valoraranse especialmente a capacidade para aplicar os conceptos e principios abordados na parte teórica para resolver casos prácticos. A puntuación da proba establécese sobre un máximo de 4 puntos.
Oportunidade adiantada e segunda oportunidade: Na segunda oportunidade, os estudantes que o desexen poderán recuperar a parte da avaliación continua correspondente ás probas obxectivas (probas test e problemas) realizadas no primeiro semestre. Isto corresponde a un máximo do 20% da nota final. Esta mesma posibilidade darase aos estudantes da oportunidade adiantada.
A nota non presentada corresponde ao alumno cando só participa en actividades de avaliación que teñen un peso inferior ao 20% na nota final, independentemente da nota acadada.
Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica de exención de asistencia: Esta situación deberá ser posta en coñecemento do profesor ao comezo do curso e acordarase un calendario compatible coa sua dedicación salvo no caso das probas finais. Neste caso, os criterios de avaliación rexerase pola realización dunha proba mixta cun peso do 100% sobre a nota. Nesta proba incluiranse preguntas teóricas e prácticas e o alumno terá que demostrar ter acadado as competencias e os resultados de aprendizaxe da materia.