A materia Facenda Pública Española. Sistema Fiscal ten por obxectivo introducir aos alumnos no campo da fiscalidade aplicada. En particular, desenvólvense elementos básicos dos principais impostos do sistema fiscal español.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Actividades iniciais
- Sesión maxistral
- Estudo de casos (con Atención personalizada) (computa na avaliación)
- Proba de resposta múltiple (computa na avaliación)
- Solución de problemas (computa na avaliación)
- Atención personalizada
*Metodoloxías docentes que se modifican
Non se modifica ningunha metodoloxía
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
– Correo electrónico: De luns a venres. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento das actividades propostas.
– Moodle: De luns a venres. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
– Teams: 2 sesións semanais en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e das actividades propostas na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
De 1 a 2 sesións semanais para o seguimento e apoio na realización das actividades propostas. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo necesarios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías