Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Análise das Operacións Financeiras
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A5 A6 A8 A11 B2 B3 1. Trátase dunha única proba para cada unha das oportunidades de avaliación da convocatoria.

2. Supón o 55% da avaliación final.

3. Consiste nun exame seguindo os criterios expostos en metodoloxías.

4. Nos exames tipo test (verdadeiro/falso) e nas de resposta múltiple as preguntas mal respondidas puntuarán negativo.
55
Proba de resposta breve A5 A6 A8 B2 B3 B4 B5 1. Tres probas ao longo do curso.

2. Cada unha delas supón o 15% da avaliación final, o que no seu conxunto supón o 45% desta.

3. Consisten nun exame seguindo os criterios expostos en metodoloxías

45
 
Observacións avaliación
1. Cualificación de non presentado.
Corresponde ao alumno, cando só participe de actividades de avaliación que
teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con
independencia da cualificación alcanzada. 

2. Primeira oportunidade. Aplicaranse os criterios de
avaliación anteriormente citados nesta sección.

3. Segunda oportunidade. Os criterios de avaliación son os
mesmos para todas as oportunidades de avaliación. O exame final de segunda
oportunidade realizarase nas datas oficiais aprobadas pola Xunta de facultade
sobre a totalidade da materia impartida.

Terá un valor máximo de 5,5 puntos aos cales se engadirá a
puntuación obtida polo alumno nos controis realizados ao longo do curso
académico para obter a cualificación final.

4. Convocatoria adiantada. Só neste caso, realizarase unha
proba mixta encamiñada a avaliar todas as competencias e contidos propios da
materia. O resultado obtido nesta proba suporá o 100% da nota final obtida polo
alumno.

5. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo
parcial e dispensa académica de exención de asistencia. A avaliación destes
alumnos rexerase polos mesmos criterios aplicados ao resto do alumnado. Para a
realización das probas de resposta breve deberán porse en comunicación cos seus
profesores a comezo do curso académico co fin de acordar un calendario
específico compatible coa súa dedicación

 6. Sobre condicións de avaliación final. Os únicos
utensilios cos que está permitido o acceso ao recinto da proba son os básicos
para contestar o exame: lapis, bolígrafo ou pluma, goma de borrar e calculadora
electrónica non programable. Está expresamente prohibido o acceso ao recinto do
exame con: a) teléfonos móbiles e calquera outros dispositivos capaces de
comunicación a distancia e/ou de almacenamento de información; b) apuntamentos,
anotacións, libros ou material similar que non fose autorizado expresamente na
convocatoria do exame ou na páxina web (Moodle) da materia. A non observancia
desta norma supón que se considere realizada a proba en fraude e iso con
independencia de que quen teña no recinto da proba tales dispositivos ou
material sinalado utilizáseos ou non no curso desta.

 7. Identificación do estudante. O estudante ha de acreditar
a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

8. Outras observacións de avaliación. As probas non
realizadas puntúan como cero. As realizadas en fraude supoñen a cualificación
de cero puntos na convocatoria quedando invalidada calquera cualificación que o
alumno puidese obter durante o curso mediante a realización das actividades de
avaliación.

Os criterios de puntuación de cada unha das probas daranse a
coñecer no momento da proba e forneceranse xunto co enunciado desta.

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes