Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno,
cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación
inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación
alcanzada.
Segunda oportunidade: Os criterios de avaliación son os
mesmos que da primeira oportunidades.
Convocatoria adiantada: 100% en examen final.
Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia: Agás para as datas
aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes
probas acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas
compatible coa súa dedicación.
Sobre condicións de avaliación final: Está
prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a
comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.
Identificación do estudante: O estudante ha de
acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.