Solución de problemas |
A3 A4 A6 A9 A11 A12 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B10 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Resolución de exercicios, comentarios e/ou cuestionarios que deberá entregar o estudante aos profesores. |
20 |
1. Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só
participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación
inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da
cualificación alcanzada.
2. Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: Os criterios de
avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. Na segunda oportunidade poderán
mellorar a súa cualificación do traballo tutelado ate un máximo de 2 puntos. Na
convocatoria adiantada é posible recuperar os puntos da avaliación
continua (solución de problemas, probas de resposta breve, intervencións
durante as sesións magistrales) mediante preguntas adicionais á proba
obxectiva final.
3. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia: Excepto para as datas
aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as
restantes probas acordarase ao comezo do curso un calendario específico
de datas compatible coa súa dedicación.
4. Sobre condicións de avaliación final: Está prohibido acceder ao
aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co
exterior e/ou almacenamiento de información.
5. Identificación do estudante: O estudante debe acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vigente. Outras observacións de avaliación: Para aprobar a materia, asemade de sumar 5 ou máis puntos (sobre 10) na avaliación, cómpre acadar unha puntuación mínima;1,6 de 4,0 puntos na proba obxectiva. O
estudantado poderá mellorar a súa cualificación na avaliación continua, en 1
punto como máximo, mediante a súa participación en actividades académicas
desenvolvidas polo centro e recomendadas polo profesor
|