O obxectivo desta materia é realizar unha aproximación ás principais normas sectoriais do dereito abiental, centradas tanto na regulemantación de prevención e control da contaminación, como na protección da biodiversidade.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non haberá modificacións nos contidos en caso de suspensión da actividade presencial
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
A docencia pasará a ser telemática (síncrona ou non) na súa totalidade, mediante o uso da plataforma Teams.
*Metodoloxías docentes que se modifican
As metodoloxías docentes reforzaranse coas seguintes actuacións, de acordo co criterio de cada un dos profesores responsables de grupo:
- Realización de presentacións de Powerpoint con apuntes y notas de apoio para facilitar a súa compresnión e suplir as carencias de manuais de apoio.
- Realización de titorías grupais non presenciais para solventar dúbidas sobre as diferentes materias.
- Elaboración de vídeos de apoio para facilitar a comprensión do tema e facilitar a identificación das cuestións máis relevantes.
- Atención personalizada reforzada a través dos diferentes mecanismos técnicos que ofrece o paquete OFFICE 365 (fundamentalmente chat de TEAMS).
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Reforzarase o uso dos medios de atención personalizada non presencial xa previstos na Guía Docente.
Durante os horarios de titorización, ou cando así se sinale polo profesorado, os estudantes terán a posibilidade de programar titorías personalizadas mediante a plataforma Teams.
4. Modificacións na avaliación
Con carácter xeral, manterase a estrutura da avaliación tanto en primeira como en segunda oportunidade.
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías