Humanidades Letras Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Conde Vázquez, Erica
Correo electrónico
erica.conde@udc.es
Profesorado
Comesaña Comesaña, Patricia
Conde Vázquez, Erica
González Neira, Ana María
Correo electrónico
p.comesanac@udc.es
erica.conde@udc.es
ana.gneira@udc.es
Web
Descrición xeral
O propósito desta asignatura é mellorar a capacidade do alumnado para expresarse de xeito oral e por escrito en calquera contexto, especialmente no que ten que ver coas rutinas e prácticas profesionais do Dereito, ademais de coñecer as sinerxias e necesidades expresivas dos diferentes medios de comunicación -escritos, audiovisuais e multimedia-, con especial atención ao léxico, á capacidade de argumentación e á necesidade de simplificación e modernización da linguaxe xurídica.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non hai modificacións.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesións maxistrais síncronas e asíncronas e realización dos traballos fóra da aula.
*Metodoloxías docentes que se modifican
As sesións interactivas presenciais pasan á modalidade non presencial, síncrona ou asíncrona.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Resolución de dúbidas a través do correo electrónico e titorías personalizadas a través de Microsoft Teams e Moodle, previa concertación de día e hora por e-mail.
4. Modificacións na avaliación
Non hai modificacións, manténdose, particularmente, a necesidade de aprobar ambas partes da materia (teoría e práctica) para facer media e aprobar definitivamente a asignatura.
*Observacións de avaliación:
O examen final da materia, no caso de que non se poda realizar presencialmente, consistirá nunha proba online, realizada na data oficial de exame que fixe a Facultade, a través de Moodle e/ou Microsoft Teams.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizan cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías