A docencia que se imparte nesta materia persigue principalmente a adquisición polo estudante dun grado adecuado de coñecementos sobre o Dereito da Contratación. Concretamente, e por unha parte, as nocións xerais dos contratos: formación, elementos esenciais, eficacia, interpretación e forma.
Por outra, e en especial, se estudan as garantías na contratación e os contratos en particular tanto desde o sector privado como desde o público.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos:
Non haberá modificacións nos contidos en caso de suspensión da actividade presencial.
2. Metodoloxías:
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
A docencia pasará a ser telemática (síncrona ou non) na súa totalidade, mediante o uso das plataformas Moodle.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
As metodoloxías docentes reforzaranse coas seguintes actuacións, de acordo co criterio de cada un dos profesores responsables de grupo:
- Realización de presentacións de Powerpoint con apuntes ou notas de apoio para facilitar a súa comprensión e suplir as carencias de manuais de apoio.
- Realización de titorías grupais non presenciais para solventar dúbidas sobre as diferentes materias.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Reforzarase o uso dos medios de atención personalizada non presencial xa previstos na Guía Docente.
Durante os horarios de titorización, ou cando así se sinale polo profesorado, os estudantes terán a posibilidade de programar titorías personalizadas mediante a plataforma Teams.
4. Modificacións na avaliación:
Con carácter xeral, manterase a estrutura da avaliación tanto en primeira como en segunda oportunidade.
*Observacións de avaliación:
Ningunha.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
Ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías