Unha vez realizada a exposición pola/o alumna/o, o tribunal deliberará sobre a cualificación que lle corresponde. Aplicaranse os criterios de avaliación da guía docente e o disposto na memoria de verificación do título. Os criterios faránse públicos antes das defensas dos TFGs. Para a cualificación final establecerase a media aritmética das cualificaciones asignadas aos TFGS por cada un dos miembros do tribunal. Nas últimas convocatorias, para que sirva como orientación, o Tribunal aplicou o seguinte criterio respecto da presentación oral: ata un 20% a exposición do TFG e ata un 30% aparte relativa ás preguntas e respostas.
A cualificación outorgarase en función da seguinte escala numérica establecida no Real Decreto 1125/2003[1], de 0 a 10, con expresión dun decimal, a que terá que engadírselle a correspondente cualificación cualitativa:
a) 0-4,9 suspenso
b) 5,0-6,9 aprobado
c) 7,0-8,9 notable
d) 9,0-10 sobresaliente.
Poderá acceder á mención de matrícula de honra o estudantado que obtiver unha cualificación igual ou superior a 9,0 puntos, segundo o criterio do tribunal avaliador.
A revisión e/ou reclamación das cualificacións finais dos TFG levaranse a cabo de conformidade co previsto na normativa da UDC.
En caso de plaxio, o traballo será cualificado coa nota de Suspenso (0) e tramitarase a oportuna denuncia ás autoridades académicas competentes, co obxectivo de depurar as posíbeis responsabilidades disciplinarias.
Non se prevé dispensa. Para a segunda oportunidade, procederase segundo o establecido no regulamento. En todo caso, será necesaria a emisión de novo informe favorábel por parte do profesorado titor, o que implica que o traballo debe ser enviado con antelación para a súa corrección.