Dereito Mercantil: Contratos empresariais. Dereito concursal e dereito marítimo
Código
612G01035
Titulación
Grao en Dereito
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
1º e 2º Ciclo
1º cuadrimestre
Cuarto
Obrigatoria
6
Idioma
Castelán
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Dereito Privado
Coordinación
Garcia-Pita y Lastres, Jose Luis
Correo electrónico
j.l.garcia-pita@udc.es
Profesorado
Arevano Fuentes, Mª de la Cruz
Garcia-Pita y Lastres, Jose Luis
Quintans Eiras, Maria Rocio
Rodríguez-Losada Pérez-Montero, Juan
Correo electrónico
m.arevano@udc.es
j.l.garcia-pita@udc.es
rocio.quintans@udc.es
j.rodriguez-losada@udc.es
Web
Descrición xeral
Nesta materia estúdanse en primeiro lugar as diversas modalidades de contratos mercantís. A segunda parte dedícase á análise das crises empresariais, tanto preconcursais, como de Dereito concursal. Na terceira parte analízase o Dereito da navegación marítima.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se modifican os contidos
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral.
- Lecturas.
- Estudo de casos.
- Discusión dirixida.
- Proba obxectiva.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Eventos científicos e/ou divulgativos: celebraranse en modalidade virtual.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: empregarase para facer consultas, solicitar titorías virtuais, resolver dúbidas e demáis cuestións relativas á materia.
Moodle: Tanto en situación de presencialidade como de non presencialidade, esta ferramenta utilizarase para a comunicación co alumnado e facilitarlles o material e as prácticas da materia.
-Teams: Esta ferramenta será utilizada para realizar as titorías de forma virtual e, en caso de non poder realizar a docencia presencial, para impartir as clases da materia.
4. Modificacións na avaliación
Modificacións na avaliación
A proba obxectiva representa o 80% da cualificación e consiste nun exame escrito. Nesta proba é necesario acadar como mínimo 4 puntos para poder engadir a calificación obtida na avaliación continua.
No caso de non poder realizarse o exame de maneira presencial realizarase un exame tipo test a través da plataforma de Moodle. Neste caso a proba contará con 30 preguntas, e cada 3 respostas mal contestadas, réstase unha correcta.
O peso da avaliación continua representa o 20% da cualificación e consiste na realización de diversas actividades (casos prácticos, exposición de trabajos, etc.).
*Observacións de avaliación:
Requisitos para superar a materia:
1. Obter unha puntuación mínima de 4 puntos no exame escrito ou, no seu caso, no exame tipo test.
2. Que a suma da nota obtida na proba escrita ou, no seu caso, no examen tipo test e na avaliación continua sexa de 5 ou máis puntos, sobre 10.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ademais dos materiais e bibliografía indicada na Guía docente da materia e en moodle o alumnado terá á súa disposición os recursos en liña da Biblioteca da Universidade.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías