En canto ao sistema de avaliación en xeral, establécese un sistema de avaliación continua, que consistirá nunha serie de actividades dirixidas durante todo o cuadrimestre, que serán, fundamentalmente, seminarios, cuestionarios e traballos tutelados, para cuxa elaboración ou resolución os alumnos contarán coas correspondentes orientacións e instrucións metodolóxicas, bibliográficas e documentais.
MODELO DE AVALIACIÓN A): Necesariamente, os alumnos deberán realizar as actividades complementarias previstas na programación das actividades da materia. O nivel mínimo esixido para a superación da actividade dirixida será dunha cualificación global de 5 puntos sobre 10. En caso contrario, a materia non se considerará aprobada. Os alumnos poderán beneficiarse das cualificacións obtidas nas actividades dirixidas durante as dúas oportunidades de exame do curso académico correspondente. Así mesmo, para a cualificación global valoraranse positivamente outras actividades que vaian organizando os profesores da materia ao longo do cuadrimestre, como xornadas, congresos ou actividades doutra natureza. Na avaliación global tamén se terán en conta positivamente a asistencia e a activa participación do alumnado nas clases, as tutorías e nas demais actividades da materia. Ademais, aqueles alumnos que desexen obter a cualificación de "Sobresaliente ou Sobresaliente MH" deberán realizar un traballo de investigación sobre a materia explicada.
MODELO DE AVALIACIÓN B): O alumnado que non poida seguir o Modelo de avaliación A) e o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberá realizar un exame final sobre os contidos da materia, cuxa cualificación máxima será de 10 puntos sobre 10.
Polo que se refire á segunda oportunidade de exames, o alumnado deberá realizar unha proba escrita cuxa cualificación máxima será de 10 puntos sobre 10.
A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente.