Discusión dirixida |
A1 A5 A7 A9 A10 B1 B2 B3 B4 B6 B8 B9 C3 C6 |
Os alumnos discutirán de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, coordinados pola profesora. |
10 |
Presentación oral |
B4 |
Exposición oral dalgunha das actividades propostas pola profesora. |
15 |
Entrega semanal das distintas actividades. Dado que a avaliación contínua é o método de avaliación que se seguirá, os/as estudantes deberán realizar cada semana unha actividade avaliable (traballo tutelado, solución de problemas, etc.).
Cualificación de Non Presentado. Recibirán cualificación de Non Presentado (N.P.) solo aquelas persoas que entreguen ou realicen menos de tres actividades avaliables (traballos tutelados, presentación oral e solución de problemas).
Segunda oportunidade (xullo). Aqueles estudiantes que non teñan superado a materia e teñan asistido regularmente ás aulas e realizado un 60% das actividades propostas, terán que repetir únicamente aquelas actividades ou probas non superadas. Nos casos restantes, serán avaliados pola realización dos traballos tutelados propostos polo/a profesor/a (100% da cualificación). Estudantes con dispensa académica recoñecida. A puntuación alcanzada nos traballos supoñerá o 100 % da nota final, tanto na primeira como na segunda oportunidade.
Plaxio. A realización fraudulenta das actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso (0) na materia na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á segunda oportunidade.
|