Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Subjects
  Language Contact and Its Consequences
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Guest lecture / keynote speech A1 A2 A3 A5 A8 B1 B4 B6 C1 C8 Comprende a asistencia e participación nas sesións presenciais. 15
Critical bibliographical B2 B4 B5 B9 C1 A puntuación neste apartado consistirá na nota media dos informes de lectura. 65
Workshop A1 A3 A5 A8 A9 B1 B2 B4 B5 B6 B9 C1 C6 C8 Comprende todas as actividades e tarefas, tanto as desenvolvidas na aula como as encomendadas para traer preparadas, exceptuando as recensións bibliográficas. 20
 
Assessment comments

Entrega semanal das distintas actividades. Dado que a avaliación contínua é o método de avaliación que se seguirá, os/as estudantes deberán realizar cada semana unha actividade avaliable (recensión bibliográfica, traballo tutelado, solución de problemas, etc.).

Cualificación de Non Presentado. Recibirán cualificación de Non
Presentado (N.P.) solo aquelas persoas que entreguen ou realicen menos
de tres actividades avaliables das encomendadas dentro da metodoloxía obradoiro ou recensión bibliográfica.

Segunda oportunidade. Quen non acade a cualificación mínima de 5 puntos ao final do período lectivo, deberá entregar, antes da data de xullo que se indique, os traballos non entregados no seu momento ou ben repetir os avaliados negativamente, segundo o caso. A asistencia ás sesións de clase non é recuperable nesta segunda oportunidade.

Estudantes con dispensa académica recoñecida. Non se considerará a porcentaxe correspondente a "Sesión maxistral". A puntuación alcanzada nos
traballos encomendados suporá o 100% da nota final, tanto na primeira como na
segunda oportunidade, distribuida proporcionalmente aos apartados "Obradoiro" (18,75%) e "Recensión bibliográfica" (81,25%).

Sobre o plaxio e a fraude. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso (0) na materia na oportunidade correspondente.

Alén disto, a fraude pode estar suxeita -- dado o carácter patentemente inxusto de querer
autofavorecerse ilicitamente e polo tanto de perxudicar as/os
compañeiras/os
-- á penalización disciplinar do/a estudante infractor/a por parte da Universidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes